XUVENÍS. TORNEO DA AFACO
DUROS RIVAIS PARA O NUMANCIA
O Numancia forma parte do terceiro grupo xunto co San Sadurniño, Val e Narón.
Ares, 22 de abril de 2010
A AFACO celebrou esta tarde unha reunión á que asistiron a maioría dos equipos e, entre outros temas, decidiron organizar un torneo de xuvenís entre os equipos pertencentes á asociación. Realizouse un sorteo para formar tres grupos con este resultado:
Grupo 1: Cebarca, As Pontes, Perlío e Neda.
Grupo 2: Ortigueira, Eume, Meirás e G. Mugardos.
Grupo 3: Numancia, San Sadurniño, Val e Narón (este último equipo non confirmou a súa participación)
Este primeiro torneo da AFACO na categoría xuvenil conta co respaldo federativo. O sistema de competición é de liga a unha volta en cada grupo, clasificándose para as semifinais os campións de cada grupo máis o mellor segundo.
O calendario do torneo é o seguinte:
1ª xornada: 15 de maio
2ª xornada: 22 de maio
3ª xornada: 29 de maio
Semifinais: 5 e 12 de xuño
Final: 19 de xuño