Xuvenís: Numancia 2- Meirás 3

Partido entretido o xogado na mañá do domingo entre os equipos xuvenís do Numancia de Ares e Meirás. O Meirás viña xogarse as súas últimas oportunidades de clasificarse para o play-off polo título.

De todos os xeitos foi o Numancia o que comezou adiantándose no marcador grazas a unha xogada a balón parado onde o central Martín coa axuda do porteiro rival introduce o balón na meta rival. Finalizando a segunda parte o Meirás conseguiu igualar o encontro tras un fallo da defensa numantina onde un despexe do porteiro do Meirás supera a liña defensiva e o dianteiro define moi ben ante o porteiro do Numancia Iván. Co empate no marcador marchámos ao descanso e na reanudación gozamos dos mellores minutos do Numancia con varias accións seguidas nas que non consegue poñerse por diante no marcador e en concreto un remate de Julio só a porta baleira que envía fóra. Como pasa case sempre no fútbol o que perdoa acábao pagando e é o Meiras xuvenil o que termina por adiantarse no marcador grazas a un penalti dubidoso por man do lateral Jorgito dentro do área. Posteriormente o equipo visitante puxo máis vantaxe no marcador grazas a unha falta directa que se coa por baixo da barreira para poñer o 1-3 no marcador. Xa nos minutos finais Julio anotou o 2-3 para o Numancia que ata puido empatar xa nos minutos finais cun lanzamento ao pau de novo de Julio.

 

No Numancia destacariamos no partido de onte aos dous laterais Coco e Jorgito que pese a ter fronte a eles a bos xogadores de banda en poucas ocasións víronse desbordados e ata na primeira parte atrevéronse a incorporarse en ataque. No Meirás xuvenil os dous xogadores de banda os números 7 e 11 demostraron bos xeitos así como o número 9 e capitán que definiu moi ben no primeiro gol. Tras este partido o Meirás aférrase ás últimas posibilidades de clasificarse entre os 4 primeiros e o Numancia a terminar a liga o máis dignamente posible e prepararse para a competición copeira

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.