Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PERLÍO, 3 - NUMANCIA, 5.
 
 

XUVENÍS. PERLÍO, 3 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Perlío 3 - Numancia 5. Os Pinares.E POR FIN CHEGARON OS GOLES.

 


ALIÑACIÓN:
Fivi, Álvaro, Amenedo, Jorgito (Víctor), Martín, Pita (Rubén), Jorge, Coco (Dani), Manu, Juanra (Pablo), Pedro (Díaz).

GOLES:
0 - 1: Taconazo de Pita a Jorge en banda esquerda centro deste e remate de cabeza de Manu superando por alto ao porteiro local.
0 - 2: Tiro de falta directo que lanza Jorge, rexeita o porteiro local e Manu caza o rexeite de cabeza consegue o seu segundo gol.
0 - 3: Pase de Pita á ruptura en banda esquerda de Jorge, centro ao corazón da área onde Manu entrando dende atrás bate ao porteiro para lograr o seu terceiro gol.
0 - 4: Saque de esquina de Pita, peitea Jorgito no primeiro pau e o balón solto é rematado por Martín ao fondo da portería.
1 - 4: Gol de penalti do Perlío.
2 - 4: Gol do Perlío para pór inquietude no marcador.
2 - 5: Falta no mediocampo que colga Jorge sobre Dani quen de cabeza deixa o balón a Manu para que éste o eleve por encima do porteiro conseguindo o seu cuarto gol.
3 - 5: Un contra un do dianteiro contra Fivi, que golpea coa punteira suave axustado ao pau para conseguir o último gol do partido.

COMENTARIO:
Partido entretido e de moitos goles o visto na tarde do sábado en Os Pinares. Primeira parte con claro dominio do balón do Numancia, froito deste control chegan os tres goles de vantaxe cos que se marcha o equipo visitante ao descanso. Na segunda parte o Numancia perde o control do balón e o medio campo. A pesar disto os de Ares logran un cuarto gol nunha xogada a balón parado. Pero a segunda metade foi do Perlío que logrou acurtar distancias con dous goles e levar así a inquietude á parroquia numantina, pero un quinto gol de novo en xogada a balón parado pecha definitivamente o encontro para os aresáns. Puntos importantísimos os conseguidos polo Numancia para seguir na loita por non termiñar últimos.
Destacar na parcela defensiva a Jorgito e especialmente a Álvaro cun partido case perfecto en defensa e con intentos de aparecer en ataque. Os centrais numantinos non estiveron tan acertados como noutras ocasións, todos os goles chegaron polo centro da zaga. No aspecto ofensivo destacar a Jorge e Pita con participación en case todos os goles, e por suposto a Manu que no partido sumou, ao seu traballo habitual, uns 4 magníficos goles. No aspecto negativo, os tres goles encaixados, excesivos para o que é habitual neste equipo, e de novo, o desaxuste á hora de introducir os xogadores de refresco, quizá o adestrador deba de exporse a achega dos xogadores de banco, xa que non saen enchufados ao cespede. O vindeiro sábado nova final en Prados Vellos contra outro rival directo nos postos baixos da taboa. Visítanos o Ortigueira e esperemos que a implicación dos nosos xogadores sexa a suficiente como para saír do posto que ocupamos actualmente.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.