XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - MEIRÁS, 3

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 2 - Meirás 3. Prados Vellos.SEN PEGADA CONTRA DEZ.

 

 Ares, 01 de abril de 2010.

Aliñación:

Fivi, Coco (Álvaro), Amenedo, Martín, Jorgito (Pablo), Pita (Ezra), Antón, Xullo, Manu, Pedro (Juanra) e Díaz (Víctor).

Goles:

1-0 Julio aproveita un erro en defensa do Meirás para recoller un balón na frontal, colocalo e bater de disparo raso ao porteiro visitante.
1-1 Inmediatamente despois do primeiro gol, balón solto ao bordo da área do Numancia tras a saída dun córner, disparo raso que pega noutro xogador do Meirás en posible fóra de xogo e o rexeite despista a Fivi cambiando a dirección.
2-1 Xogada colectiva do Numancia que leva o balón de banda dereita a banda esquerda e Pita en pugna co porteiro introduce o despexe deste na portería visitante.
2-2 Entrada por banda esquerda do Meirás rompendo o fóra de xogo, centro ao área e o dianteiro remata de tiro raso para establecer o empate.
3-2 Xa ao comezo da segunda parte erro no despexe do Numancia, balón centrado desde banda dereita e o dianteiro remata raso ao fondo da portería en pugna co central.

Partido moi disputado especialmente na primeira parte cun toma e daca de chegadas por parte dos dous equipos e con alternancias no marcador que se moveu bastante con catro goles neste primeiro tempo. Finalizando a primeira metade o Meirás queda con dez xogadores pola agresión do lateral dereito a un xogador numantino. Na segunda parte, lonxe de decantarse o partido para os locais foi o Meirás, a pesar de ter un xogador menos, o que conseguiu dominar o xogo cun excelente medio centro que saíu desde o banco. Dos visitantes foron as oportunidades máis claras e o gol que lles deu a vitoria. O Numancia só puido intentalo nalgunha ocasión a balón parado, en especial un saque de esquina que Antón só no segundo pau remata fóra.
Partido gris en defensa e pobre en ataque fóra dos primeiros 30 minutos do inicio. Por destacar a alguén destacamos a Pita moi activo e buscando facer algo sempre, a Manu traballou incansable en recuperación de balóns e no pressing (só lle fálta buscar algo máis a portería contraria) e para rematar, o traballo de Antón no medio centro.
Gañou o Meirás por oficio e por saber controlar o partido a pesar de estar cun menos. Suspenso unha vez máis a xente que sae desde o banco, que non dá aire novo ao equipo. Parece que se non saímos de titulares xa non somos importantes e non é así. En todos os nosos partidos que son moi igualados, sempre que se sae estámonos xogando algo. O que se pica allos come. Veñen tres finais seguidas e temos que gañar as tres para saír do hoyo. O próximo fin de semana hai unha final nos Pinares.

Desde esta Web queremos agradecer o detalle do xogador do Meirás, Diego Bouza, que ao final do encontro achegouse ata o vestiario do equipo local a pedirlle desculpas a Antón, despois de que nun lance do encontro, unha falta cometida sobre o xogador aresán custáselle a expulsión. Grazas Diego polo teu exemplar xesto.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.