XUVENÍS. NUMANCIA, O - GALICIA DE CARANZA "B", 0

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Numancia 0 - G. Caranza 0. Prados Vellos.FALTA GOL, O NOSO MAL ESTA TEMPADA.  

 

Prados Vellos, 28 de marzo de 2010.

NUMANCIA, 0 - GALICIA DE CARANZA "B", 0.

Alineación: Fivi, Álvaro (Pablo), Amenedo, Jorgito, Martín, Manu, Jorge (Ezra), Coco (Jony), Dani (Pita), Juanra (Víctor) y Díaz.

Partido moi igualado o xogado na mañá do domingo en Prados Vellos. O Numancia só conseguiu sacar un empate ante un Galicia de Caranza que se presentou con moitos xogadores cadetes. Primeira parte quizais con máis dominio dos locais, que dispuxeron de dúas claras ocasións, un saque de falta colgado por Jorge é rematado de volea por Coco dentro prácticamente do área pequena pero se vai fóra. Anteriormente Juanra falla a ocasión máis clara da primeira parte cando só dentro do área pequena, está demasiado lento e o defensa chega a tempo para evitar o seu disparo. Na segunda parte, partido máis aberto con oportunidades máis ben escasas para ambolos dous equipos. A mellor ocasión para o Numancia chega aos pés de Dani que só dentro da área para tirar, ou ceder o balón a un compañeiro, está de novo demasiado lento e cando elixe o pase este é interceptado por un defensa. Xa finalizando o partido unha boa internada de Víctor por banda esquerda é rematada por Manu de tiro raso e axustado ao pau, pero o gardameta do Caranza realiza a mellor intervención do partido. En resumo partido onde primaron as defensas sobre o ataque e onde unha vez máis o Numancia non soubo sacar partido ao seu bo traballo defensivo debido á falta de gol, o mal noso esta tempada. Aínda non perdemos un partido na casa no que vai de segunda volta e levamos tres partidos consecutivos na casa sen encaixar un gol, pero isto non se reflicte na clasificación, posto que os nosos xogadores de ataque non nos conseguen dar esas xogadas, que nos acheguen os goles que necesitamos. Destacar o bo traballo da liña defensiva como case sempre ben secundada por Díaz desde o medio centro, sempre ben situado. Pero hoxe por enriba de todos gustaríame destacar a un xogador de primeiro ano: Amenedo, fíxose cun posto fixo de central no once titular e esta facendo uns partidazos, a pesar de levar semanas cun nocello tocado. O rapaz esta indo a máis e parece non ter fin a súa progresión, veremos onde chega, esta suplindo fenomenalmente a Antón e xa non notamos a súa ausencia. Como non, lerlles un pouco a cartilla aos xogadores de ataque que aínda que traballan ben defensivamente como todo o grupo, teñen que ter un pouco máis de ambición en ataque porque senón probaremos outras cousas.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.