XUVENÍS. O VAL, 4 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. O Val 4 - Numancia 0. Sinde.FALTA DE CONCENTRACIÓN.

  

 

Aliñación: Iván, Coco (Álvaro), Amenedo, Jorgito, Martín, Víctor (Ezra), Jorge, Dani (Jony), Juanra (Pablo), Pedro (Manu) e Antón.

Goles:

1 - 0: 10 minutos aproximadamente da 2ª parte. Falta directa na frontal da área numantina. Dani pega duro abaixo, a barreira ábrese e o balón entra raso pegado ao pau esquerdo da portería defendida por Iván.

2 - 0: Aos 2 minutos de recibir o primeiro gol. Perdida de balón no medio campo de Antón, o centrocampista de O Val lévao disputandó con varios xogadores aresans e mete un pase interior a Dani, que aguanta as cargas dos defensas e no un contra un con Iván resolve de bonita vaselina.

3 - 0: Balón que despexa a defensa numantina. Cae aos pés dun xogador de O Val que desde o centro do campo lanza un tiro que sorprende por alto a Iván.

4 - 0: Córner sacado desde a banda dereita da defensa aresa e un dianteiro valexo remata só de cabeza entrando o balón pegado ao segundo pau.

Partido entretido o disputado na mañá chuviosa do sábado no anexo do campo de Sinde. O Numancia aguantou, o tempo que lle durou o manter a concentración, a un equipo que opta a todo na liga como é O Val. E iso foi ata o minuto 60 de partido aproximadamente. Aínda que na primeira parte O Val ben puido adiantarse no marcador en varias xogadas en que a defensa aresa e sobre todo o porteiro Iván estiveron acertados. No minuto 60 como dicía chega un gol de falta directa por abrirse a barreira, algo que non debe suceder nunca nun partido ante un equipo máis forte que o teu e onde os erros páganse de xeito esaxerado e a boa fe que así foi. O gol deixa cao ao Numancia que en apenas 5-10 minutos de desconcerto, encaixa outro gol por falta de contundencia defensiva, e outro máis con algo de fortuna de tiro afastado. A partir de aí o Numancia aséntase de novo no campo e intenta atacar máis, subindo a liña defensiva, pero con máis ímpeto que acerto. Aínda encaixa outro gol máis nun saque de esquina, de novo falta de concentración total, xa que non só o autor do gol, senón varios xogadores valexos estaban libres de marca. Xusta vitoria dun Val que é mellor, foi mellor e demostrouno no campo. O Numancia esta tempada carece de caudal ofensivo e a falta de concentración defensiva cáusanos morte de necesidade. Por destacar a alguén a Iván que reaparecía logo da súa lesión nun dedo o día do encontro contra o Portuarios e que a pesar da inactividade, realizou grandes intervencións sobre todo na primeira parte. Tamén destacar como case sempre aos centrais Amenedo e Martín aos que se lles uniu no bo partido Jorgito, correctos en defensa, salvo no segundo gol onde lle faltou un pouco de contundencia a case toda a liña defensiva. No aspecto negativo, lerlle a cartilla aos veteranos Antón, Jorge e Pedro, que estes partidos é onde hai que sacar a capitanía a relucir e botámolos en falta. E os xogadores ofensivos: Víctor, Dani, Juanra, Manu..., é en estes partidos onde se doutora un xogador e non nos adestramentos, hai que cambiar o chip e pór unha marcha máis ante rivais superiores sobre o papel. O sábado que vén visítanos o Caranza B, continuamos a 4 puntos de abandonar o faroliño vermello, e teremos que espabilar senón queremos quedar como o peor equipo xuvenil dos últimos 10 anos en Ares, en canto a clasificación se refíre.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.