XUVENÍS. CEBARCA, 1 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2009-2010. Cebarca 1 - Numancia 2. A Barqueira.Todos aportamos.

  

  

Goles:
- 1-0.- Aos 5 minutos da primeira metade descoordinación entre os dous centrais do Numancia o que provoca un pase interior ao dianteiro do Cebarca que só ante Fivi báteo de tiro raso.
- 1-1.- Falta sacada polo Numancia, mediada a primeira metade, balón que queda solto dentro da área e Ezra na mesma liña de gol, logra o empate.
- 1-2.- Xogada de estratexia do Numancia. Falta desde o lado esquerdo sacada por Jorge e Jorgito só no segundo pau e de extraordinaria volea logra o gol definitivo para a vitoria do Numancia no minuto 70 aproximadamente.


Aliñación: Fivi, Álvaro (Dani), Amenedo, Jorgito, Martin, Víctor (Jony), Jorge, Coco, Ezra (Díaz), Manu e Juanra (Rubén)


Partido entretido o xogado na fría tarde do sábado na Barqueira. Tarde ventosa, pero con dous equipos que tratan sempre de darlle un bo trato ao balón o que sempre é de agradecer nestes tempos que corren. Partido moi similar a todos os desta tempada dos xuvenís, con gran traballo defensivo e esta vez a sorte sorríeunos en ataque para levarnos os 3 puntos. Primeira parte de claro dominio do Numancia a pesar de xogar en contra do vento e a pesar de porse co marcador en contra nada máis iniciado o encontro, froito dese dominio chegou o gol de Ezra e varios centros e saques de esquina ao área que a defensa local acertou a despexar. Finalizando a primeira parte bo pase ao oco de Ezra sobre Jorge e este só ante o porteiro cruza en exceso o balón chega de novo a Ezra que sen ángulo lanza a porta e o porteiro ben colocado no primeiro pau despexa a córner.


Na segunda metade partido de ida e volva con ocasións para os dous equipos para levar o encontro, pero é o Numancia o que consegue o gol da vitoria nunha falta botada fenomenalmente por Jorge e rematada de xeito extraordinario por Jorgito ao fondo das mallas. Era hora de gardar o conseguido e a partir dese momento un Cebarca envorcado ao ataque e un Numancia saíndo perigosamente á contra. Nunha desas contras gran cambio de orientación de Jorge que deixa só a Dani contra o porteiro que tras un bo control orientado chuta pero o porteiro local realiza unha gran parada. Finalizando o partido o Cebarca dispón de dous man a man con Fivi que este resolve perfectamente para ratificar que os 3 puntos esta vez viaxan a Ares.


En definitiva vitoria importantísima para subir a moral do equipo que a pesar das baixas respondeu extraordinariamente. Gran traballo defensivo como case toda a tempada, non hai que esquecer que o que nos esta faltando é gol para acabar de resolver os partidos, empatamos 4 e perdemos 7, por un gol de diferenza esperemos que a sorte empece a cambiar e poidamos abandonar próximamente o posto de faroliño vermello que visto o visto creo que non merecemos. Postos a destacar a alguén destacaríamos a Amenedo pola seriedade, as gañas e o empuxe que achega, xogue onde xogue, e agora de central estao facendo extraordinario, sempre comete máis erros Martín que el. Destacar a Jorgito non só polo bo gol senón por dous un contra un defensivos resoltos ao seu favor de xeito impecable, a Ezra polo seu gol (meréceo por todo o que traballa durante a semana), a Rubén polo seu debut. E tamén aos 3 de medio campo que achegaron a mobilidade e calidade que facía falta para sacar o partido adiante. Manu é un xogador novo que aínda ten que ir a máis, Juanra traballou incansablemente aínda que non se adaptou do todo ben á súa nova posición e Jorge achegou calidade e traballo como sempre pero a un xogador das súas características hai que pedirlle moito máis e que sexa máis desequilibrante. Para rematar destacar a Fivi que coas suas dúas boas intervencións finalizando o partido permitiu que a vitoria fose aresá. Irreprochable o compromiso e dedicación deste xogador desde que está cos xuvenís.


A semana que vén visítanos o Neda e hai que dalo todo para sacar algo positivo se non queremos ser o peor equipo da categoría.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.