Xuvenís. NUMANCIA, 8 – BARALLOBRE, 2
Víctoria do Numancia por 8 a 2 ante un Barallobre con dez xogadores...
NUMANCIA : Iván, Pedro –Martín-, Antón, Jorgito, Many, Pablo –Coco-, Jorge, Rico, Carlos, Julio –Díaz- e Rubén
GOLES: Carlos -4-, Rubén -2-, Julio e Díaz.
COMENTARIO : Partido sen maior trascendencia ante un Barallobre que se presentou só con dez xogadores. Os locais resolveron axiña o partido cun 4–0, aínda que dous erros defensivos provocaron un 4 – 2 que levaron un pouco de inquietude. Finalmente, no último tramo do partido sentenciou o Numancia con catro goles máis.
Xogadores destacados no Numancia: Carlos, polos seus catro goles; Many, por manter a seriedade durante todo o partido; e Díaz, por xogar unha boa segunda parte na distribución do balón, culminada cun bo gol desde fóra da área.
Polo Barallobre destacaría as boas maneiras do seu capitán Rubén.