Xuvenís.ORTIGUEIRA 1- NUMANCIA 1

ORTIGUEIRA 1-NUMANCIA DE ARES 1
Empate que sabe a pouco no campo de Ortigueira.
ALINEACIÓN:
Numancia: Tobe, Álvaro (Ezra),Miguel (Manu), Martín, Victor, Amenedo , Diaz, Juanra (Dani),Pablo(Jony),Coco,Pita.
O Numancia saiu con moita intensidade ao campo e isto demostrouse cun tiro de Coco o pao nos primeiros minutos.  O Ortigueira controlou o balón no medio do campo con dúas torretas que se levaban todos os balóns de cabeza surtindo de balóns aos extremos e dianteiro que cada vez que tirou a porta topouse conTobe. Isto foi a monotonía da primeira parte na que o Numancia tivoalgunas oportunidades saindo o contragolpe ata que nun fallo defensivo o dianterio do Ortigueira fixo o 1-0.

No 2º tempo o Numancia comezou dominando o partido con varias oportunidades aínda que Ortigueira tamén tivo algunas oportunidades. Nunha destas oportunidades formouse un barullo na área e Manu macou o empate(1-1). Logo  o Numancia seguiu apretando o resto do partido inda que non conseguiu o gol da victoria.

A defensa estivo  aceptable, agás  no gol,  e ben liderada por  Martín.

O medio campo loitador, a veces con regates inútiles , pero con escaso éxito diante das torres  orteganas.

Notable entusiasmo de Pita loitando contra toda a defensa.

 Creo que melloraremos moito cando os nosos dianteiros  se atrevan a disparar con ambalas dúas pernas.  Tal vez  xa tiveramos algúns goles máis e tamén puntos.

Por último salientar que a diferencia  entre os equipos nesta temporada é mínima tal como  opina o noso adestreador , o cal se demostrou neste partido.

Por certo, boa arbitraxe.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.