Xuvenís.ORTIGUEIRA 1- NUMANCIA 1
ORTIGUEIRA 1-NUMANCIA DE ARES 1
Empate que sabe a pouco no campo de Ortigueira.
ALINEACIÓN:
Numancia: Tobe, Álvaro (Ezra),Miguel (Manu), Martín, Victor, Amenedo , Diaz, Juanra (Dani),Pablo(Jony),Coco,Pita.
O Numancia saiu con moita intensidade ao campo e isto demostrouse cun tiro de Coco o pao nos primeiros minutos. O Ortigueira controlou o balón no medio do campo con dúas torretas que se levaban todos os balóns de cabeza surtindo de balóns aos extremos e dianteiro que cada vez que tirou a porta topouse conTobe. Isto foi a monotonía da primeira parte na que o Numancia tivoalgunas oportunidades saindo o contragolpe ata que nun fallo defensivo o dianterio do Ortigueira fixo o 1-0.
No 2º tempo o Numancia comezou dominando o partido con varias oportunidades aínda que Ortigueira tamén tivo algunas oportunidades. Nunha destas oportunidades formouse un barullo na área e Manu macou o empate(1-1). Logo o Numancia seguiu apretando o resto do partido inda que non conseguiu o gol da victoria.
A defensa estivo aceptable, agás no gol, e ben liderada por Martín.
O medio campo loitador, a veces con regates inútiles , pero con escaso éxito diante das torres orteganas.
Notable entusiasmo de Pita loitando contra toda a defensa.
Creo que melloraremos moito cando os nosos dianteiros se atrevan a disparar con ambalas dúas pernas. Tal vez xa tiveramos algúns goles máis e tamén puntos.
Por último salientar que a diferencia entre os equipos nesta temporada é mínima tal como opina o noso adestreador , o cal se demostrou neste partido.
Por certo, boa arbitraxe.