XUVENÍS: NUMANCIA, 6 - NARÓN B, 0
OBXECTIVO CUMPRIDO
Partido correspondente á penúltima xornada da Fase Previa da Liga Xuvenil grupo "B", disputado na tarde do sábado en Prados Vellos.
FICHA TÉCNICA:
NUMANCIA: Tito, Jaime, Adrian (Raúl), Pablo Vascós, Pablo Ferro (Carlos), Dani (Piñeiro), Fran Anido, Adri García, Cavezza, Martín (Fran Romaus), Alex Feal (Iván)
Adestrador: Chemari
Delegado: Manuel Cartelle
CD NARÓN "B": Kevin, Yoel, Dani, Alex, Jose, Adri, Roberto, Cristofer, Sergio, Rubén, Lois. Sergio, Diego, Daniel, Eloy, Diego.
Adestrador: Jose Luís Dopico
Delegado: Isi Dopico
COLEXIADO: Edgar Fraga Villares. Amonestou a Adrián e Carlos no Numancia e a Ruben no CD Narón "B".
RESUMO:
Cunha xornada de antelación conseguiu o equipo xuvenil do Numancia cumprir co obxetivo de clasificarse para a "Liga dos mellores". Foi gracias a vitoria nun cómodo partido ante o CD Narón "B", no que os numantinos xa vencían ao descanso por 4-0.
No minuto 12, Martín remataba a gol no segundo pau un saque de esquina lanzado por Fran Anido, levando o 1-0 o marcador.
Alex Feal no minuto 20 aproveitaba un envío longo de Adrián á espalda da defensa naronesa para anotar o 2-0 de cabeza ante a saía en falso do porteiro visitante. No minuto 30, o propio Alex Feal mancábase no seu tobillo e tiña que ser sustituido. ¡¡¡Ánimo Alex¡¡¡
No minuto 40, roubo de balón de Pablo Cavezza, que acompañou cunha gran xogada individual ue finalizaba cun gran disparo dende o borde do área para facer o 3-0.
Iván de penalti no minuto 42, establecía o 4-0 co que se chegaba ao descanso.
O 5-0 chegaba no minuto 61, cando Raúl Anido cabeceaba unha falta lateral lanzada por Iván.
No minuto 83, chegaba o 6-0 obra de Iván que aproveitaba unha asistencia de Jaime.
En definitiva, partido cómodo do Numancia que aínda tivo algunha que outra ocasión para ampliar o marcador, ante un CD Narón "B" que apenas inquedou a portería dun Tito que tivo o partido mais cómodo da temporada.
Logo dunha primeira fase un pouco esixente e algo irregular, os xuvenís do Numancia conseguiron dos resultados positivos nas últimas duas semanas, con 9 goles a favor e 0 en contra, o que lles serviu para cumprir co obxetivo cunha semana de antelacíón. ¡¡¡Noraboa rapaces¡¡¡
O venres as 20:00, Freixo - Numancia nun escenario inmellorale, o estadio de Río Seco en Narón. Encontro para disfrutar antes de afrontar a competición de Liga dentro de dúas semanas.
¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡