Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PORTUARIOS, 0 - NUMANCIA, 3
 
 

XUVENÍS. PORTUARIOS, 0 - NUMANCIA, 3

UN BO GOLPE ENRIBA DA MESA

Partido correspondiente a antepenúltima xornada da Primeira Fase da Liga Xuvenil grupo B, disputado na tarde do sábado no campo de Aneiros en Ferrol.

Ares, 25 de outubro de 2017.

FICHA TÉCNICA:

SRD PORTUARIOS: Alex Castro, Alex Díaz, Raúl (Javi), Santi, Zoel (Gonzalo), Brais (Víctor), David, Xabi, Dogulas, Izan, Marcos.

Delegado: César López Souto

SDR NUMANCIA: Tito, Carlos, Raúl (Jaime), Pablo Vascós, Pablo Ferro, Adrián, Dani, Fran Anido (Alex Feal), Cavezza, Martín (Alex Saavedra), Iván (Adri García)

Adestrador: Chemari

Delegado: Manuel Cartelle

COLEXIADO: Iván García Rey. Amonestou a Alex Díaz e Brais no Portuarios. Expulsou a Alex Saavedra no Numancia.

RESUMO:

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Portuarios, 0 - Numancia, 3. AneirosVisitaba ó Numancia aun rival que levaba 40 goles a favor e soamente 5 goles en contra. 5 vitorias e soamente unha derrota. Agora xa som dúas. Os numantinos amosaron a sua mellor versión da temporada no campo de Aneiros, vencendo con claridade e autoridade ao Portuarios.

No minuto 3, apertura de Fran Anido a banda esquerda, centro de Pablo Ferro e remate de Iván axustado ao pau. 0-1 para o Numancia.

No minuto 4 , roubo de balón de Iván, que inicia un contraaque que finaliza en gol Martín. 0-2 favorable aos de Ares.

No minuto 7, falta lanzada por Fran Anido, o gardarredes deixa o balón morto e 0-3 obra de Iván.

En sete minutos, o Numancia colocábase con 0-3 ao seu favor. Non reaccionou o Portu, que non levou excesivo perigo a portería numantina, agás nun disparo no que Tito respondeu cunha gran parada chea de reflexos e cun remate alto de Douglas. Dúas ocasions que chegaron xusto antes dun descanso ao que se chegou cunha vitoria cómoda para os nosos.

Na segunda metade, os locais tiveron 10 minutos nos que embotellaron ao Numancia, aínda que o resultado non perigou. Tamén tivo o Numancia varias opcións de facer gol en xogadas a balón parado. No último minuto, lamentar o cartón vermello a Alex Saavedra nunha xogada na que o noso xogador levou a peor parte, xa que ademais de ser obxeto de falta, foi posteriormente expulsado. Cousas do fútbol. Evitables.

En definitiva, enorme o partido do Numancia xuvenil en Aneiros. A semana pasada non foron capaces de competir ante o R. San Pedro. Esta semana en Serantes, amosaron estar preparados para competir con calqueira equipo, aínda que para iso aínda terán que conseguir a clasificación matemática para o "grupo dos mellores" nos últimos partidos da Primeira Fase ante Narón "B" e O Freixo.

Este sábado as 17:00 en Prados Vellos, Numancia - CD Narón "B".

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.