Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS: NUMANCIA, 2 - SAN PEDRO, 3
 
 

XUVENÍS: NUMANCIA, 2 - SAN PEDRO, 3

APRENDER A COMPETIR

Partido correspondiente a 6ª xornada da Fase Previa da Liga xuvenil, disputado nunha tarde soleada de sábado en Prados Vellos

Ares, 16 de outubro de 2017.

 FICHA TÉCNICA:

 NUMANCIA: Tito, Dani (Carlos), Jaime, Raúl, Pablo Ferro, Pablo Vascós, Adrián, Fran Anido (Alex Saavedra), Cavezza (Adri García), Martín (Alex Feal), Iván.

 Adestrador: "Chemari"

 Delegado: Manuel Cartelle

 RACING SAN PEDRO: Diego, Thales (Juan), Andrés, Marcos Nieto (Unai), Rubén, Manu, Martín (Marcos), Luís (Víctor), Gilmar, Mera (Manuel), Gabriel.

 Adestrador: Rubén Rodríguez

 Delegado: Cristian López

 COLEXIADO: Rubén Díaz López. Amonestou a Adrián no Numancia e Manuel no Racing San Pedro.

 RESUMO:

 ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Numancia, 2 - San Pedro "A", 3. Prados VellosDespois dunha dura derrota en Pontedeume, os xuvenís buscaban unha vitoria na casa ante outro dos rivais duros do grupo, o Racing San Pedro. Non fixeron un mal partido os aresáns, pois vencían 2-1 ao descanso. Unha nefasta segunda metade botou por terra o traballo dos primeiros 45 minutos.

 Como dicimos, no inicio de partido o Numancia estivo moito mellor que os ferroláns. Iván no minuto 5 facía o 1-0 tras xogada colectiva. Adrián rematando de cabeza unha xogada a balón parado establecía o 2-0 no minuto 16. Gran primeira media hora de xogo do Numancia, tanto ofensiva como defensivamente. Seguramente o mellor da temporada. Lástima o gol de Andrés antes do descanso que castigaba cun 2-1 un despiste defensivo dos numantinos.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Numancia, 2 - San Pedro "A", 3. Prados Vellos Na reanudación, o Numancia foi cedendo o balón ao rival. Baixón físico e falta de veteranía e picaresca para manter o resultado. Todo o contrario que os visitantes, que aproveitaban calquera xogada de perigo para meter o medo no corpo aos aresáns. Con ou sin balón. Nunha desas xogadas quedaba mancado o gardarredes local Tito, tendo que aguantar a duras penas ata o final. A superioridade visitante viuse reflexada no marcador con dous goles, no 61 facía Rubén o 2-2. Pouco antes do final, cando ambos equipos parecían firmar ó empate, Víctor de cabeza establecía o 2-3 que lle daba os tres puntos aos ferroláns.

 En definitiva, duas caras do Numancia. Na primeira media hora viuse un equipo que fixo un bo fútbol e que soubo traballar e defender con orde cando lle tocou. Na segunda metade, o equipo desapareceu do mapa, e iso ante os bos equipos se paga coa pérdida de puntos. Por sorte, os numantinos dependen de si mismos para clasificarse para a Liga dos mellores. Portuarios a domicilio, Narón "B" en Ares e Narón FreixO como visitantes son os tres partidos que faltan para terminar a primeira fase. Non se debe descoidar o Numancia, xa que o Cariño e o Amistade apretan por detrás. Agardemos que o equipo siga mellorando e consiga o primeiro obxetivo da temporada. Para iso, fai falta segiuir collendo partidos e ritmo de competición, xa que algúns xogadores todavía non se adaptaron a nova categoría. Paso a paso.

Enlace de acceso á Galería Fotográfica do encontro

 O próximo fin de semana, Portuarios - Numancia en Aneiros - Serantes.

 ¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.