Get Adobe Flash player
Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS: NUMANCIA, 3 - CARIÑO, 0
 
 

XUVENÍS: NUMANCIA, 3 - CARIÑO, 0

BO PARTIDO DOS XUVENÍS ANTE O CD CARIÑO

Ao descanso, o resultado era de 1 - 0

Ares, 19 de setembro de 2017.

Partido correspondiente a 2ª xornada da Primeira Fase da Liga xuvenil, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Tito, Dani, Raúl, Piñeiro, Carlos (Fran Romaus), Cavezza, Adrián, Barreiro, Pablo Ferro, Iván, Alex Feal (Martín)

Adestrador: Kike Dragoebich

Delegado: Manuel Cartelle

CD CARIÑO: Iván, Sergio,David, Julen, Yago, Raúl (Pablo), Cristian, Iago (Manu), Brais, Martín, Marco.

COLEXIADO: Miguel Piñón López. Amonestou a Julen e Brais no CD Cariño. Expulsou por dobre ammonestación a Adrián, do Numancia.

CRÓNICA DO PARTIDO:

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Numancia, 3 - Cariño, 0. Prados VellosDespois do empate cosechado en Miño, os xuvenís do Numancia debutaban en Prados Vellos recibindo ao CD Cariño. Facía falta unha vitoria para situarse na zona alta, e os rapaces numantinos buscarona dende principio e conseguirona con todo merecemento.

Nos primeiros 10 minutos, tres ocasións claras para o Numancia. Iván por duas veces e Cavezza non atopaban o camiño do gol. Por sorte, no minuto 15 chegaba o 1-0 cun gran zurdazo de Cavezza dende fora da área que se colaba pegado ao pau dereito do porteiro visitante. Vantaxe para o Numancia e premio para o fútbol combinativo e ofensivo no primeiro tramo do partido. Despois do 1-0, o encontro entrou nuns minutos de centrocampismo. No minuto 30, o gardarredes local Tito facía unha gran parada ao lanzamento dunha falta do equipo de Ortegal. No 35, gran ocasión para Alex Feal que abortaba o porteiro do Cariño. Posteriormente, saque de esquina do Numancia no que o recuperado para o fútbol, Carlos Piñeiro, remataba ao poste. Co resultado de 1-0 e superioridade notoria do Numancia no xogo chegabamos ao descanso.

Na segunda metade comezaban mellor os de Ortegal, que gozaban de tres ocasións claras de gol e sufrían a anulación de un gol en fora de xogo por parte do colexiado. No minuto 53, ledicia para a parroquia local, pois chegaba o 2-0. Centro raso de Pablo Ferrol dende banda esquerda, Alex Feal non chega para rematalo en boca de gol, por sorte no segundo pau aparecía Dani o de Máster para empuxar o balón ao fondo das mallas do Cariño. No minuto 61, o Numancia quedaba con 10 xogadores por expulsión de Adrián. No 70, os numantinos agotaban os cambios ao entrar Fran Romaus por un mancado Carlos "Jicho" ao que dende esta páxina lle desexamos unha pronta recuperación. Por sorte para o Numancia, o Cariño no aproveitou estos minutos de nervios e desconcerto do Numancia para achegarse con perigo a portería de Tito. No minuto 78, chegaba a tranquilidade a Prados Vellos gracias ao 3-0 conseguido por Martín co lanzamento dunha falta lateral. Pechaba o Numancia o marcador e os tres puntos quedaba en Ares.

En resumo, bo partido dun Numancia que neste comezo de temporada está a verse maltratado polos problemas físicos. Carlos, Pablo Vascós, Fran Anido e Adri permanecen no dique seco e Jaime perdeuse o partido do Cariño por enfermidade. Por sorte, Fran Romaus dispotou os primeiros minutos despois da sua lesión. Agardamos que o equipo siga recuperando efectivos e tamén que as hormonas se tranquilicen, para que este xoven conxunto xuvenil do Numancia poida facer unha boa temporada, xa que calidade e fame de fútbol teñen de sobra.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Galería fotográfica do encontro

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.