Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. FINAL DE COPA
 
 

XUVENÍS. FINAL DE COPA

NUMANCIA - G. CARANZA B. REPÍTESE A FINAL DE COPA, OITO ANOS DESPOIS.

Naquela ocasión o triunfo fora para os aresáns por 2 – 1, resultado que xa nos valía para a final de mañá, mércores 17 de maio,  ás 19.00 h. no campo da Gándara de Ferrol.
Ares, 16 de maio de 2017.
Despois de eliminar ao Mugardos en semifinais, o equipo xuvenil do Numancia, adestrado por Xelo, conseguira vencer ao Galicia Caranza B e traer o trofeo de campións da Copa da Ría para Ares. Ocorrera un 16 de maio de 2009, no campo do Pote de Maniños e a aliñación fora esta:
Carlos Arnoso, Martín, Antón, Jorgito (Gabo), Many, Jorge (Coco), Carlos (Díaz), Julio (Pablo), Rubén, Pedro (Rico) y Manu. 
Así relataba Xelo os goles do Numancia:
1 – 0:  “Pedro, todo fe y un pundonor, roba un balón ante dos jugadores del Caranza, se adentra en la esquina izquierda del área, acomoda cuerpo y pierna y de potente y colocado disparo lo pone a la escuadra contraria donde no puede llegar el portero rival. Un golazo y locura en las gradas”.
2 – 0: “Finalizando la primera parte, una acción individual de Julio culminada con un disparo raso y ajustado al palo izquierdo de la portería del Caranza sirve para poner el 0-2 en el marcador. De nuevo la locura y bonito gesto de Julio al dedicar el gol a nuestro queridísimo Pedro”.
Pois iso foi hai xustamente oito anos. Daquel equipo aínda seguen tendo ficha no Numancia de afeccionados Carlos, Antón e Julio. Son os superviventes desa magnífica promoción.
Agora temos que esperar que os xuvenís desta temporada amosen o mesmo espírito e saian ao campo da Gándara con todas as gañas e ilusión, disputando todos os balóns e pelexando ata o derradeiro asubío do colexiado. 
Esperamos contar co apoio da fiel e sensacional afección numantina, sempre presente nas citas importantes.
Mañá, 17 de maio, ás 19.00 h. todos na Gándara co equipo xuvenil.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.