Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. SEMIFINAIS DE COPA
 
 

XUVENÍS. SEMIFINAIS DE COPA

APRAZADO O PARTIDO DE IDA PORTUARIOS - NUMANCIA

Atendendo a petición do Portuarios, o Numancia accedeu ao aprazamento do partido sinalado para o martes, 6 de decembro. 

Ares, 4 de decembro de 2016.

A falta de xogadores dispoñibles para este partido levou aos dous clubs semifinalistas a un aprazamento do partido de ida. Realmente, estas datas non son as máis adecuadas para os rapaces pois están nunha época de exames. Consultada a delegación ferrolá, facilitou este aprazamento a condición de que a eliminatoria quede resolta nestas vacacións de Nadal. En consecuencia, os partidos quedan para xogarse ao remate das clases:

venres, 23 de decembro: Portuarios - Numancia, en Aneiros.

martes, 27 / mércores, 28 de decembro: Numancia - Portuarios, en Prados Vellos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.