XUVENÍS. NUMANCIA, 8 – R. DE NEDA, 0.

SEGUIMOS SUMANDO

Partido correspondente a 8ª xornada de liga (1ª fase) xuvenil, grupo B, disputado o venres 30 de outubro, ás 17:00 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 3 – 0.
 

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Dani, Emi (Raul), David, P. Cartelle, P. Ferro, Martín, Miguel (Óscar), Carlos (Sergio), Ángel, Cristián (Adrián)e Marcelo.

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García

Delegado: José Manuel Antón Rey.

R. DE NEDA: Samuel, Jorge, Elisardo, Bruno (Cristián Fernández). , Miguel, Brais, Javier, Joel, Diego, Adrián Yáñez e Adrián Rodríguez (Cristián González).

Adestrador: José Dopico Prieto

Delegado: Isaiás Dopico Graña.

COLEXIADO: Cristián Vilda Bouza. Amoestou a Elisardo do Neda.

GOLES:

1 - 0: Cristián (min. 13): Centro de Emi por banda dereita, Carlos tira, para o porteiro visitante e Cristián moi atento colle o rexeite e marca a pracer.

2 - 0: Ángel (min. 15): Pase de Carlos ás costas da defensa do Neda e Ángel, marca tras regatear ao porteiro.

3 - 0: Ángel (min. 23): Xogada por banda esquerda de P. Ferro, centro e Ángel marca tras regatear ao porteiro visitante.

4 - 0: Marcelo (min. 49): Balón roubado no centro do campo, Ángel pasa a Adrián quen pasa a Marcelo, éste pon un centro-chut por banda dereita que sorprende ao porteiro visitante.

5 - 0: Martín (min. 55): Gran disparo de Martín dende 40 mtr. quen marca pegado ao pau.

6 - 0: Marcelo (min. 65): Balón roubado no centro do campo, Marcelo pasa a Adrián quen lle fai unha preciosa parede de vaselina por enriba dos defensas visitantes e Marcelo marca ante a saída do porteiro do Neda.

7 - 0: Ángel (min. 77): Erro dun defensa visitante quen lle da un pase dentro da área pequena a Ángel, quen marca sen oposición.

8 - 0: Martín (min. 89) : Gran disparo de Martín de falta directa dende o borde da área que entra pola escuadra da portería visitante.


COMENTARIO:

Partido sen moita historia onde os aresáns foron moi superiores o Neda. Os visitantes apenas inquedaron a portería defendida por Dani. Ao final metemos oito goles, pero puideron ser moitos mais se os dianteiros aresáns estiveran mais acertados cara a gol.

Na seguinte fin de semana recibimos na casa ao San Sadurniño, onde desexamos que sigamos mantendo este bo nivel de xogo. O partido sin non hai trocos está fixado para o sábado 7, ás 16:30 h.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 



Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.