XUVENÍS: G. MUGARDOS, 1 - NUMANCIA, 0

DERBI PARA O MUGARDOS.

Magnífico premio para o traballo dos xuvenís do Mugardos, superando a un Numancia que debe mellorar se quere estar nos postos altos da clasificación.

 

 

Ares, 28 de setembro de 2015


Partido correspondente á terceira xornada da Primeira Autonómica xuvenil, grupo B, da primeira fase, disputado no campo da Pedreira. Ao descanso, o marcador indicaba un empate a cero goles.

 

FICHA TÉCNICA:

 

G. MUGARDOS: Alejandro, Gabriel (Álvaro), Pedro, Otero, Jorge, Fernández (Adán), Josiño (C), Xurxo, Javier (Antón), Antonio e Jesús (Jorge).

Adestrador: Jesús Sixto Gelpi.

2º adestrador: Francisco Ricoy Lamas.

Delegado: Miguel González López.

 

NUMANCIA: Quique, Emilio, Óscar, Pablo Cartelle (Raúl), Pablo Ferro (Antón), Elías, Martín, Iván (C) (Carlos), Sergio (David), Ángel e Marcelo.

Adestrador: Miguel Carballeira García.

Delegado: José M. Antón Rey.

 

ÁRBITRO: Cristian Santos González. Catro xogadores amoestados no Mugardos: Antón, Pedro, Adán e Alejandro, por tres do Numancia: Elías, Óscar e Pablo Cartelle. Ademais expulsou ao delegado local, Miguel González.

 

GOLES:

1 - 0 (m. 54): Xurxo.

COMENTARIO:

Comezou o partido cun Numancia máis enchufado que o seu rival pero pouco a pouco foi diluíndose. Algunhas ocasións moi claras non aproveitadas coma un disparo de Ángel que saíu fóra ou un remate de cabeza de Iván ás mans do porteiro mugardés con toda a portería para él; outras xogadas en ataque anuladas polo colexiado por presuntas posicións de fóra de xogo dos dianteiros aresáns; en definitiva, unha primeira parte con pouco xogo, quizás porque os mugardeses defenderon con moita intensidade e quizás, tamén, porque os de Ares non foron quen de combinar entre eles, fallando pases moi doados.

Na segunda parte non cambiou nada: seguimos coa mesma “espesura”, sen saber moi ben a que xogar. E para culminar a faena, unha perda de balón no medio campo e un tiro que sorprendeu ao noso porteiro converteuse no gol que, ao final, daría os tres puntos aos locais. Quedaba tempo para igualar e remontar e, de feito, ocasións houbo para iso, pero a precipitación nos últimos metros e as malas decisións á hora de pasar o balón a un compañeiro que está en fóra de xogo, en vez de rematar a portería, fixeron inútiles todos os intentos.

Mágoa de partido, sobre todo cando vemos que hai vimbios para o cesto, pero esperemos que sirva de experiencia para o queda de temporada.

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.