XUVENÍS. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 5

BO COMEZO

Partido correspondente á primeira xornada da primeira fase da Liga no grupo B disputado en Miño rematou coa vitoria aresán. Ao descanso o resultado era de 1 - 2.



Campo Municipal de Gallamonde, 12 de setembro de 2015


FICHA TÉCNICA:

MIÑO: Roberto (Juan), Eduardo, Jesús, Diego, Manuel, Fernando, Iván (Borja), Oscar (Alejandro), Ayub (Santiago), David e Francisco (Enrique).

Adestrador: Enrique Varela Pico.
Delegado: Jose Manuel Díaz Cortés.

NUMANCIA: Kike, Emi (Miguel), Oscar, David (Nico), P. Ferro, Martin, Elías, Marcelo, Antón (Raúl), Sergio (Angel) e Carlos (Iván).

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.
2º adestrador: José Manuel Antón Rey.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Jeisson Aguado Castaño. Amoestou a Iván, Oscar e Diego polo Miño e a Emi e Elías polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Carlos (min.15) – Pase de Carlos a Marcelo, quen por banda esquerda, regatea ao seu defensor e pasa a Carlos quen bate ao porteiro local cun disparo raso.

0 – 2: Carlos (min. 34) – Roubo no centro do campo, pase de Antón a Marcelo que se interna por banda esquerda, pasa a Carlos quen marca a pracer.

1 – 2: Ayub (min.44) – Fallo defensivo dos aresáns que aproveita moi atento Ayub para batir a Kike.

1 – 3: Emi (min. 76) – Contragolpe dos aresáns, con pase de Marcelo a Angel quen entra por banda dereita, pasa a Emi, quen bate ao porteiro local.

1 – 4: Angel (min. 80) – Contragolpe e Angel marca ante a saída do porteiro local.

1 – 5: Eduardo – p. meta (min. 89) – Boa xogada combinativa dos visitantes, Angel dispara e para o porteiro local, pero o rexeite fai que un defensa do Miño, marque en propia meta.



COMENTARIO:

Partido sen moita historia onde os aresáns foron moi superiores ao Miño. Puidemos decidir o partido na primeira metade, pero entre que os dianteiros aresáns non estiveron moi atinados e o porteiro do Miño que fixo un gran partido, so marcamos dous goles. O Miño obtivo o seu premio, no único tiro á portería visitante, no minuto 44,  chegándose ao descanso coa mínima vitoria dos aresáns por 1 - 2.

Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, coa mesma intensidade, facendo boas xogadas combinativas, chegando con moito perigo á portería do Miño e conseguiron marcar tres goles mais, que cerraban o partido con un claro 1 - 5.

En resumo, bo comezo, no primeiro partido da primeira fase da Liga, onde os aresáns foron moi superiores a seu rival.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.