XUVENÍS (Pretemporada). NUMANCIA, 3 – CIUDAD JARDIN, 0.
SEGUIMOS MELLORANDO
Partido de pretemporada disputado en Prados Vellos que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria por 1- 0.
Prados Vellos, 5 de setembro de 2015
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Kike, Emi, Nico, David, Marcelo, Martin (C), Elías, Fran, Angel, Carlos e Anton. Tamén participaron no encontro: Sergio, D. Gañán, Miguel, P. Ferro, P. Cartelle, Jose Manuel e Raúl.
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García
2º adestrador: José Manuel Antón Rey.
Delegado: Javier Aneiros Martinez.
CIUDAD JARDIN: Iván, Adalberto, Jose, Guzman, Eduardo, S. Vázquez, Javier, Gabriel (C), Manuel, Daniel Aller e Aaron. Tamén participaron no encontro: Francisco, Daniel Lucal, Pablo, Jorge, Lordau e Guillermo.
Delegado: Luís Vázquez Peral.
COLEXIADO: Jose Priegue Leis. Sen incidencias.
GOLES:
1 – 0: Carlos (min.11) – Xogada por banda dereita, centro de Angel e marca Carlos cun remate de cabeza que bate ao porteiro visitante.
2 – 0: Raúl (min. 68) – Gran pase de Fran a Raúl quen entrando por banda esquerda sorprende ao porteiro visitante cun gran disparo.
3 – 0: Sergio (min. 86) – Sergio sen oposición marca cun disparo dentro da área.
COMENTARIO:
Unha primeira metade onde os aresáns levaron o peso do partido e no minuto 11, Carlos marcou o primer gol dos aresáns. Nesta metade o Ciudad Jardin apenas creaba perigo na porteira dos locais. O Numancia dispuxo de algunhas ocasións de gol pero o porteiro visitante estivo moi acertado, chegándose ao descanso coa mínima vitoria dos aresáns por 1 - 0.
Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, coa mesma intensidade, facendo boas xogadas combinativas e conseguiron marcar dous goles mais que cerraban o partido con un claro 3 - 0.
En resumo, bo partido, onde o equipo de Miguel repartiu os minutos entre os 18 xogadores dispoñibles.
O sábado comeza a Copa, cunha primeira xornada correspondente ó campionato de Copa Local no grupo B, onde xogaremos no campo de Gallamonde (Miño) fronte o equipo local da AD Miño.