XUVENÍS (Pretemporada). CALASANZ “B”, 2 - NUMANCIA, 3.
BO PARTIDO DOS ARESÁNS
Partido de pretemporada disputado no campo da Grela No.1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse con empate de 1 - 1.
A Coruña, 29 de agosto de 2015.
FICHA TECNICA
CALASANZ “B”: Marco (C), Iago, Adrián, Jacobo, Artai, Jorge, Daniel, Miguel, Diego, Aitor e Iñaki. Tamén participaron no encontro: Sergio, Mateo e Denis.
Adestrador: Ernesto Paz Cainzos.
Delegado: Javier Varela Suárez.
NUMANCIA: Dani, Emi, P. Ferro, Oscar, David, Elías, Marcelo, Ángel, Ivan, Martin e Sergio. Tamén participaron no encontro: Adrián, P. Cartelle, Carlos e Raúl.
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.
2º adestrador: José Manuel Antón Rey.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
ARBITRO: Martín García Gómez. Amosoulle cartón amarelo a P. Cartelle do Numancia.
GOLES:
0 – 1: Ángel (min. 25) – Boa xogada combinativa por banda dereita entre Ivan e Sergio, con centro deste e marca sen oposición Ángel.
1 – 1: Diego (min. 30) – Fallo defensivo do Numancia e gol de Diego quen marca ante a saída de Dani.
1 – 2: Ivan (min. 73) – Centro de Martin por banda dereita e gran remate de Ivan quen bate ao porteiro local.
2 – 2: Iñaki (min. 77) – Rápido saque de banda pola esquerda que sorprende á defensa aresana, con centro do seu extremo e gol de Iñaki quen marca a pracer.
2 – 3: Ángel (min. 80) – Ángel moi atento e rápido aproveitase dunha mala saída do porteiro local para marcar.
COMENTARIO:
Partido moi igualado na primeira metade, onde ambos equipos saíron con moitas precaucións defensivas. As primeiras ocasións de gol, foron para os aresáns pero sen sorte cara a gol. Ata que nunha boa xogada combinativa dos de Ares, Ángel marcaba o primeiro gol dos visitantes. A raíz do gol, os locais, levaron o peso do partido e lograron o empate nun fallo defensivo dos numantinos. Nos últimos 15 minutos, o Calasanz dispuxo dalgunha clara ocasión de gol, pero Dani estivo moi acertado, chegándose ao descanso cun empate de 1 - 1.
Na segunda metade, os aresáns foron superiores ao seu rival, e con intensidade e presión, empezaron a crear claras ocasións de gol, que non soubemos aproveitar. No minuto 60, o porteiro local páralle a Martin un claro penalti feito a Carlos, e no minuto 65, Carlos lanza unha falta que pegaba no longueiro da portería local. O Calasanz apenas creaba perigo. No minuto 73, Ivan facía o 1 - 2, cun gran disparo que sorprendía ao porteiro coruñés. A raíz do gol, nunha rápida xogada por banda, o Calasanz, sorprendía a defensa aresana e conseguía o empate a 2 - 2. Pero nun erro na saída do porteiro local, Ángel marcaba o terceiro e definitivo gol, que pechaba o partido. Nos últimos 10 minutos, os aresáns controlaron o partido e non houbo tempo para mais, rematando o encontro coa vitoria do Numancia por 2 - 3.
O próximo sábado, 5 de setembro, ás 11:00 h, en Prados Vellos os xuvenís do Numancia xogarán o seu último partido amigable de pretemporada, nesta ocasión ante o Ciudad Jardin da Coruña.