XUVENÍS: IV TROFEO "A CASA NOVA"

NUMANCIA – G. MUGARDOS e BETANZOS – ORILLAMAR

Este martes foi presentada no restaurante “A Casa Nova” a cuarta edición deste trofeo de categoría xuvenil que se celebrará este sábado, 22 de agosto, en Prados Vellos. No acto estiveron presentes Antonio Guijarro, coñecido popularmente por “Rayito” e o vicepresidente da ADR Numancia, Ramón Rodríguez.
 
Ares, 19 de xullo de 2015
 
Continuando coa tradición dos últimos anos, o restaurante A Casa Nova, establecemento continuador da Vinoteca “A Porta do Sol”, patrocina este cuadrangular de categoría xuvenil que organiza o Numancia coma un evento máis das actividades de verán da vila de Ares.
 
A primeira semifinal comezará ás 10.15 h., nun partido clásico de rivalidade local, entre o Galicia de Mugardos e o Numancia.
 
Ás 12.00 h.  dará inicio a segunda semifinal na que teremos oportunidade de ver a dous equipos punteiros da delegación coruñesa: o Betanzos, equipo que participou nas anteriores edicións do trofeo e que quedou ás portas da fase de ascenso á liga galega, e o Orillamar coruñés, conxunto que milita na Liga Galega.
 
Xa pola tarde, o partido no que se disputará o 3º e 4º posto comezará ás 17.00 h., mentres que a final será ás 19.00 h.
 
Ademais dos correspondentes trofeos para os catro equipos, doados polo restaurante “A Casa Nova”, tamén levarán trofeo o máximo goleador e o mellor xogador do torneo, regalos de Antonio Guijarro.
 
 
Acto de presentación da IV edición Trofeo xuvenil A Casa Nova. 
 
 
Cartel IV Trofeo Xuvenil Restaurante A Casa Nova.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.