Xuvenís: Previa Copa AFACO 2015
Rematou a temporada
Os xuvenís da ADR Numancia de Ares desprazáronse ata o campo de O Sinde en O Val para disputar a fase previa da Copa Afaco. O formato triangular enfrontou ós locais de O Val, Galicia de Mugardos e ó Numancia de Ares. Resultou gañador e polo tanto clasificouse para a seguinte rolda o Galicia de Mugardos.
Sinde, O Val a 23 de maio de 2015.
Participantes:
SD O Val: Carlos, Ángel, Carba, Dani, Carlos Pita, Bruno Permuy, Bruno Castro, Samu, Alex, Iván, Raúl, Garrote, Bouza, Sergio e Aarón.
Delegado: Miguel Pena Soto
SDC Galicia de Mugardos: Dani, Martín, Jesús, Sergio, Antón, Xurxo, Gabriel, Javier, Antonio, Josiño, Alex, Alex Pérez, Fran, Miguel e Jorge.
Adestrador: Ángel Aneiros Rodríguez
2º Adestrador: Manuel J. Amado Cortizas
Delegado: Nicolás Fernández Barcia
ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, José Manuel, Óscar, Nico, Juan, Marcelo, Rolo, Carlos, Martín, Miguelín, David, Agustín, Pablo Cartelle e Pablo Ferro.
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro
Resultados:
Numancia de Ares, 1 – Galicia de Mugardos, 2
Goles: Alex e Antonio para o Galicia de Mugardos e Carlos para o Numancia de Ares.
Mal arranque dos aresáns que xogaban có vento en contra. Ós cinco minutos xa perdían por dous tantos ó aproveitar dous erros defensivos Alex no minuto 2 en Antonio no 5. Os mugardeses puxeron máis gañas e os aresáns inda que dispuxeron de ocasións apenas puideron acurtar distancias grazas a un gol de Carlos a pase de Rolo no minuto 25. Mal xogo, poucas gañas e derrota merecida.
O Val, 0 – Numancia de Ares, 2
Goles: Carlos e Marcelo
Mellor disposición dos numantinos e máis gañas a pesar de ter novamente o vento en contra. Os locais dispuxeron dun penalti a favor pero Agustín foi quen de paralo. Os goles chegaron a pes de Marcelo que finalizou un pase en longo de Martín e de Carlos que finalizou unha asistencia de Óscar. Mellor partido e vitoria ante un feble Val que non aproveitou as súas oportunidades.
O Val, 1 – Galicia de Mugardos, 2
Goles: Carba de penalti para O Val e Xurxo e Josiño para o Galicia de Mugardos.
O Galicia agora có vento en contra aguantou os ataques iniciais dos locais que novamente dispuxeron dun penalti a favor con empate a cero e tampouco foron quen de aproveitalo. Mentres pouco a pouco e con xogo directo os mugardeses chegaron a meta valexa e anotaron grazas a Xurxo e Josiño. O empuxe final dos locais non tivo premio agás un novo penalti que esta vez si anotou Carba.
Clasificación
1: Galicia de Mugardos.........6 puntos
2: Numancia de Ares………...3 puntos
3: O Val…………………………….0 puntos
Con estes resultados o Galicia de Mugardos clasifícase para xogar a semifinal do torneo fronte o Rápido de Neda vencedor do triangular que os enfrontou ó Eume e Meirás.
Remata así a temporada dos xuvenís despois de ter moi preto meterse na fase de ascenso, rematando terceiros na liga. Boa temporada do equipo numantino onde a eliminación da Copa AFACO deixa un mal sabor porque esperábase chegar un pouco máis lonxe e non caer na fase previa.