Xuvenís: Portuarios, 3 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica Grupo 4. Portuarios, 3 - Numancia, 1. Aneiros. FerrolÓ final non houbo premio.

Dolorosa derrota dos xuvenís da ADR Numancia de Ares fronte á SRD Portuarios de Ferrol por 3 a 1 na derradeira xornada de liga no grupo cuarto da 1ª autonómica. O encontro disputado no serán do mércores  chegou ó descanso con vantaxe  aresán de cero tantos a un.

 Aneiros, Ferrol a 6 de maio de 2015.

Aliñacións.

SDR Portuarios: Julián,  Andrés (Rascado), Nacho, Ángel, Dani, Iago, Nano, Martín (C), Diego (Cristian), Pepe e Martín Díaz (Solloso).

Adestrador: Juan Carlos Arrojo Fernández.

 

Delegado: Antonio Bugliot Rodríguez.

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi (Nico), Darío (Miguelito), Alberto, Juan (Óscar), Martín (Miguelín), Iván (C), Carlos (José Manuel), Ángel, Adrián e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

 

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Ricardo Landrove Lago, amosou cartóns amárelos a Nacho e Cristian, éste por partida dobre, no Portuarios, e a Adrián e Juan por parte do Numancia.

Goles: Andrés, Nacho e Cristian para o Portuarios, Ángel para o Numancia.

0:1 [43’] Ángel: Asistencia dende a dereita de Carlos para a entrada de Ángel quen anota elevando o balón sobre a saída do meta local.

1:1 [59’] Andrés:  Balón que pon na área Nacho e remata dende a área pequena Andrés.

2:1 [61’] Nacho:  Despois de múltiples rexeites dentro da área o balón é rematado por Nacho de cabeza facendo una gran parábola que entra pegada o longueiro.

3:1 [64’] Cristian:  En pleno desconcerto visitante Cristian bate de tiro raso e cruzado facendo inútil a estirada de Roberto.

 

 

Chegábase á última xornada de liga con todo por decidir. Portuarios e Numancia dependían de si mesmos para obter praza para clasificarse para a fase de ascenso á liga galega.

O primeiro tempo foi controlado polo conxunto visitante, chegando con perigo en balóns ás costas da defensa local. A boa actuación do meta local Julián impediu ós dianteiros numantinos anotar. Ata seis claras ocasións tiveron os aresáns pero unicamente foron quen de anotar no minuto 43 por medio de Ángel despois de unha boa asistencia de Carlos.

Os locais apenas xeraron perigo grazas a o bo nivel defensivo do conxunto visitante. Con vantaxe numantina chegouse o descanso.

Na segunda metade, o conxunto local comezou a dominar o medio campo e buscou con máis intensidade a porta rival. Pouco a pouco o Portuarios medrou en intensidade e forzou erros no conxunto visitante no que  comezaron a aparecer os erros e as imprecisións.

No minuto 59, centro de Nacho, e Andrés anotaba grazas a un remate dende a área pequena entre tres rivais conseguindo igualar a contenda.

Os numantinos perderon completamente a concentracións i en cinco minutos encaixaron dous novos tantos. No 61, Nacho con certa fortuna remata de cabeza un rexeite de forma parabólica chegando a entrar preto do longueiro. E no 64 Cristian cruzaba un balón raso que superaba a Roberto na súa estirada.

Con 3 a 1 no marcador  os locais cederon un pouco e os visitantes tentaron ata o final acurtar distancias a pesar de ter xa practicamente perdidas todas as opcións.

O final dolorosa derrota por 3 a 1 que deixa ós numantinos na terceira posición. O Numancia quizás xogou mellor, pero a puntería e a sorte caeu do lado ferrolán. Pode que faltara no cadro aresán algo máis de concentración, tranquilidade e intensidade. En definitiva máis experiencia en encontros de este nivel, experiencia que si amosaron tanto o Portuarios neste encontro como o As Pontes no penúltimo partido de liga en Prados Vellos.

Non conseguir o premio e triste pero non pode nin debe facernos esquecer a boa temporada do conxunto numantino que chegou vivo ata o último encontro e tivo contra as cordas ó campión durante 59 minutos demostrando que souberon competir fronte dous grandes rivais como foron o Portuarios e o As Pontes. 

Solo queda felicitar ó Portuarios como campión e ó As Pontes como subcampión, desexándolles moita sorte na fase de ascenso a liga galega.

A os nosos rapaces agradecerlles o esforzo e os bos momentos que nos fixeron vivir e por facernos estar orgullosos de que representaran de unha forma tan digna os cores da ADR Numancia de Ares.

Por último facer unha mención moi especial a nosa afección que sempre estivo apoiando ós rapaces e demostrando que saben estar preto do club cando este os necesita.

Grazas Afección!!!.

 

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificacións e actas da xornada

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.