Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 1 – AS PONTES, 3.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 1 – AS PONTES, 3.

PERDEUSE UNHA BATALLA, PERO NON A GUERRA.

Partido correspondente a 20ª xornada da Liga Xuvenil Local grupo 4º , disputado na tarde do sábado nun campo de Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada. O resultado ao descanso era de 1 - 0 favorable ao Numancia.

 


Ares, 25 de abril de 2015.

Antes de comezar o partido, os xogadores e o corpo técnico do equipo xuvenil do Numancia saían cunhas camisetas de apoio o xogador do equipo Miguel Rodríguez "Gugu" mancado nas últimas semanas e que terá que estar fora dos terreos de xogos durante algúns meses. ¡¡¡Ánimo Miguel¡¡¡

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Roberto, Emilio, Marcelo, Alberto, Óscar (Miguelito), Juan (Nico), Iván, Carlos, Ángel, Adrián e Martín (C).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

CD AS PONTES: Ángel, Caínzos, Jorge (Xosiño), Moi, Jandro (C), Cabarcos, Nahum (Brais), Iván, Alex (Blanco), Miguel (Rey) e Andrés.

COLEXIADO: D. Miguel Ángel Formoso Díaz. Amoestou a Alberto e Juan no Numancia e Alex e Ángel no As Pontes.

GOLES:

1 - 0 (ÁNGEL) Xogada de contraataque do Numancia onde o balón chega a Ángel que tras regatear a un defensa anota cun disparo que entra pola escuadra esquerda do gardarredes visitante (minuto 37).

1 - 1 (ANDRÉS) Falta lateral do equipo pontés na que un xogador asiste de cabeza a Andrés para que éste tamén de cabeza supere a Roberto (minuto 50).

1 - 2 (MIGUEL) Xogada de ataque visitante na que os numantinos son capaces de evitar o gol duas veces consecutivas baixo os paus. No terceiro disparo Miguel non perdoa e anota o segundo (minuto 73).

1 - 3 (REY) Balón colgado a área que bota diante de Roberto superandoo por alto e do que se aproveita Rey para anotar cómodamente sen oposición (minuto 89).

 

 



CRÓNICA:

Gran partido o vivido o pasado sábado entre dous equipos que loitan pola Liga e pola fase de ascenso. A pesares da gran cantidade de auga caída durante toda a tarde, Prados Vellos rexistrou unha magnífica entrada con seguidores de ambos equipos animando aos seus xogadores.

Comezaba un encontro condicionado pola gran cantidade de auga que acumulaba o campo con moita igualdade e loita no centro do campo. Os visitantes avisaban cun cabezazo nun córner que marchaba fora por pouco. O Numancia con algúns balóns longos para Iván atopabánse co gardarredes visitante e cun disparo de Carlos que marchaba fora pegado o pau. No minuto 15 o colexiado anulaba un gol a Carlos por suposto fora de xogo. No minuto 26 doble ocasión dos da vila mineira, na que os numantinos sacaban primeiro o balón baixo os paus para que posteriormente os de As Pontes mandarano alto. Parecía que apretaban os visitantes con xogadas a balón parado. Pero no minuto 35 chegaba o gol aresán nun contraataque ao goleador do Numancia Ángel que non perdonaba e cun bonito disparo anotaba o 1 - 0. Nos últimos coletazos da primeira metade Juan lanzaba unha falta que o porteiro visitante atallaba fácilmente. Antes do descanso o xogador do As Pontes, Alex gozaba dun un contra un ante Roberto ao que respondía o porteiro numantino cunha boa parada enviando o balón a córner. Con emoción, loita e superioridade pola mínima do Numancia chegabamos ao descanso.

Na segunda metade comezaban fortes os de As Pontes xa que no minuto 46 o seu xogador Jorge enviaba un balón ao pau da portería de Roberto. No minuto 50 chegaría o 1 - 1 por medio de Andrés cabeceando unha falta lateral. Respondía o Numancia con chegadas a través de saques de esquina e disparos lonxanos. No minuto 57 tiro de Carlos que marchaba moi preto da escuadra visitante. Quedaba media hora de xogo e o partido estaba nuha fase de loita e tensión competitiva na que os de As Pontes parecían estar algo mais cómodos. No minuto 79 chegaba o 1 - 2 por medio de Miguel. Os numantinos con mais corazón que cabeza intentaron buscar o empate pero a verdade e que non gozaron de ocasións claras de gol para conseguilo No minuto 89 nunha xogada desafortunada Rey anotaba o 1 - 3 definitivo, sendo quizais un castigo excesivo para o Numancia neste partido.

En resumo, partido vibrante, emocionante e disputado entre dous dos mellores equipos da categoría que se xogaban moito. Felicitar o As Pontes pola vitoria e aos xogadores do Numancia polo gran esforzo realizado nun día compricado para xogar ao fútbol. Agradecer tamén aos moitos aficionados que acudiron a animar aos xuvenís do Numancia neste partido trascendental nunha tarde con moita choiva en Ares.

Seguimos con vida. Este próximo fin de semana xógase en O Poboado o CD As Pontes - Portuarios. Unha vitoria do equipo pontés ou un empate propiciaría que na última xornada en Aneiros (Portuarios - Numancia) unha vitoria do noso equipo daría acceso aos numantinos a xogar a fase de ascenso a Liga Galega. ¡¡¡Estamos vivos¡¡¡

O Numancia somos tod@s

"Mientras hay vida, hay esperanza"

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.