XUVENIS. MIÑO, 1 – NUMANCIA, 8.

CÓMODA VITORIA MATINAL

Partido correspondente a 17ª xornada da Liga Local Xuvenil grupo 4º, disputado na mañá do domingo no campo Municipal de Gallamonde en Miño ante unha boa presencia de público. O resultado ao descanso era de 0 - 6.

 


Antes de comezar o partido gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordo das víctimas do accidente aéreo nos Alpes franceses, e da bisavóa do xugador xuvenil do Numancia Marcelo.

Miño 29 de marzo de 2015.

FICHA TÉCNICA:

AD MIÑO: Kevin (Iván), Edu, Pérez, Jony, Alex (Erique), Iván, Diego, Fornos (David), Carlos (C), Ayub, Fernando e Fran.

Adestrador: Pablo Bernardo Castiñeira.

Delegado: Juan Francisco Salido Domínguez.

NUMANCIA: Roberto, Emilio, Alberto, Nico (Óscar), Jose (David), Adrián (Miguelín), Fran, Martín (C) (Miguelito), Carlos, Marcelo (Rolo) e Ángel

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

COLEXIADO: D. Álvaro García Santaeufemia. Amoestou a Diego, Fernando, Kevin, Alex, Carlos e Jony por parte do AD Miño.

GOLES:

0 - 1 (ÁNGEL) Pase diagonal de Carlos para que entre Marcelo dende a outra banda, éste pica o balón por enriba do porteiro para que Ángel chegue dende atrás e anote a porta vacía (minuto 7).

0 - 2 (CARLOS) Balón longo que o gardarredes corta fora da área. O balón chega a posición de Carlos que cun lanzamento supera ao gardarres adiantado por enriba (minuto 10).

0 - 3 (CARLOS) Pase de Ángel dende a banda dereita para que anote Carlos entrando desde atrás (minuto 20).

0 - 4 (CARLOS) Centro dende a banda esquerda para que Carlos remate de zurda o fondo da rede (minuto 21).

0 - 5 (ADRIAN) Lanzamento de media distancia de Adrián que entra pola escuadra esquera do gardarredes local (minuto 30).

0 - 6 (ÁNGEL) Gran pase de Fran por enriba da defensa local que aproveita Ángel para anotar de vaselina (minuto 42).

1 - 6 (FERNANDO) Balón solto na área do Numancia que aproveita Fernando para superar a Roberto (minuto 47).

1 - 7 (MIGUELÍN) Gran disparo de Miguelín que entra pegado ao pau dereito da portería do Miño (minuto 54).

1 - 8 (ÁNGEL) Apertura a banda de Miguelito para que reciba Carlos e ceda o balón a Ángel para que éste último anote a porta valeira (minuto 90).

 

 



CRÓNICA:

Non pareceu afectarlle iso de xogar por primeira vez nesta temporada un domingo pola mañá ao equipo xuvenil do Numancia, xa que este domingo vencía con claridade, autoridade e bo facer o AD Miño en Gallamonde.

Nos primeiros 20 minutos a defensa adiantada dos locais foi un bonito agasallo para os veloces e determinantes atacantes do Numancia. Marcelo, Carlos e Ángel moi ben asistidos aproveitaron os espacios e fixeron auténticas diabluras propiciando que o resultado fose xa de 0 - 4 no minuto 20 de partido. Non quedou ahí a cousa xa que Adrián e novamente Ángel antes do descanso establecían o 0 - 6. Moita diferencia de intensidade e de xogo nunha primeira metade na que o Miño soamente chegou timídamente a portería de Roberto por medio do seu atacante Fran.

Na segunda metade parecía que o Miño saía con forza e anotaba Fernando o 1 - 6 aproveitando a relaxación dos numantinos. Foi un espellismo. O Numancia baixou un pouco o ritmo e a intensidade na segunda metade pero nunca perdeu o control do xogo e do partido. Alberto e Ángel gozaban de claras ocasións de gol, e Miguelín e de novo Ángel pechaban o resultado de 1 - 8 con sendos goles nos minutos 54 e 90 respectivamente. Un resultado amplio e merecido que permite ao Numancia continuar na 2ª posición da Liga Xuvenil Local.

En resumo, partido onde os numantinos estiveron centrados, intensos e con moitas ganas dende o primeiro minuto. Iso cando se xunta con calidade e acerto conleva bos resultados. ¡¡¡A seguir así¡¡¡

O vindeiro fin de semana non haberá xornada xa que toca descansar para Semana Santa. Bo momento para recargar as pilas e chegar con toda a forza e ilusión do mundo as últimas cinco xornadas de Liga, ante o Perlío, SD O Val "B", As Pontes, xornada de descanso e Portuarios dunha Liga pola que As Pontes, Numancia e Portuarios loitarán polo título e polo segundo posto que da acceso á fase de ascenso a Liga Galega.

O vindeiro partido do Numancia será o sábado 11 de abril en Prados Vellos ante o CCRD Perlío.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.