Xuvenís: Numancia, 3 - O Val B, 3

ADR Numancia de Ares. Juveniles Temporada 2014-2015. Grupo 4º Primeira Autonómica. Numancia, 3 - O Val B, 3. Prados Vellos. Ares

Oportunidade perdida

Oitava xornada no grupo cuarto da primeira autonómica xuvenil e reparto de puntos entre o ADR Numancia de Ares e a SD O Val “B” despois de empatar a tres tantos. O encontro disputado na matinal do sábado en Prados Vellos, chegou ó descanso con empate a un tanto no marcador.

Sábado 24 de xaneiro de 2015, Prados Vellos (Ares)

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Kike, Emi, David (José Manuel), Óscar (Miguelín), Nico (Rolo), Miguel (Juan), Iván (C), Miguelito (Carlos), Ángel e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

SD O Val “B”: Carlos Leal, Boche (Alex García), Aleixo (Garrote), Dani (C), Bouza, Bruno Permuy, Aarón, Carlos Pita (Bruno Castro), Raúl (Segio), David (Samuel)  e Isma.

Adestrador: Non presenta

Delegado: -?-

Árbitro: D. Jeisson A. Aguado Castaño. Amosou cartóns amarelos a Kike, Miguelito i Emi do Numancia e a Carlos Leal e Dani, este por partida dobre, para o Val. Amosaría cartóns vermellos directos a Bruno Castro de O Val e ó adestrador local Alex.

Goles: Ángel, Martín e Marcelo para o Numancia e David, Aarón e Samuel para O Val.

0:1 [23’] David: Falta ó borde da área lixeiramente escorada a esquerda da media lúa do ataque visitante. Execución maxistral de David con disparo por riba da barreira que entra por toda a escuadra sen que Kike poida facer nada para evitar o tanto. 

1:1 [26’] Marcelo: Balón de Ángel na dereita do ataque local con chegada ata o fondo e internada na área con centro á area pequena visitante onde Marcelo recibe e remata ó fondo da rede.

2:1 [65’] Ángel: Saque de esquina a favor dos locais sobre o segundo pau con rexeite da defensa visitante. O balón chega preto do punto de penalti a Ángel que con un disparo en parábola entra na meta visitante.

2:2 [67’] Aarón: Balón a favor dos locais con perda en campo rival e rápida salida do conxunto visitante. O balón longo ás costas da defensa preto da media lúa permite a Aarón aproveitar unha falta de entendemento entre defensa e porteiro anotando o empate a dous.

3:2 [68’] Martín: Saque dende a banda dereita de Emi  preto da área visitante, o balón o recibe Marcelo que centra raso cara Iván ó borde da área, este deixa pasar e Martín chegando dende atrás anota de forte disparo.

3:3 [70’] Samuel: Perda de balón local, con erro no rexeite da defensa e o balón chega a Samuel que adiantándose na area anota de tiro cruzado.

 

 

Encontro da oitava xornada do grupo cuarto da primeira autonómica xuvenil disputado na matinal do sábado en Prados Vellos. Visita da SD O Val ‘B’ invicto a domicilio neste grupo.

O encontro comezou con alternativas no xogo, e chegadas para ambos equipos con pouco acerto nos dianteiros e boas intervencións dos gardametas. 

Adiantaríanse os visitantes grazas a unha falta ben executada por David no minuto 23, onde Kike non puido facer nada por atallala. 

Pouco duraría a ledicia dos visitantes porque os locais empatarían tres minutos máis tarde (26’)  por medio de Marcelo a pase de Ángel.

Dende aí ata o final da primeira metade o conxunto local dispuxo de mellores ocasións pero o meta visitante estivo máis acertado que os dianteiros locais.

Con empate a un tanto chegábase ó descanso.

A segunda metade parecía que os locais controlaban máis o encontro e chegaban sen moito acerto á meta rival. Ata que no minuto 65 comezou a tolemia. Gol con fortuna de Ángel o rematar en globo un rexeite visitante. Empate de Aarón no 67 con erro defensivo local incluído. Novamente gol local ó minuto (68’) con gol de Martín dende o borde da área a pase de Marcelo. E novamente empate visitante no 70 ó aproveitar Samuel un erro encadeado dos locais en defensa.

A tolemia remataría no 71 con a dobre expulsión no bando visitante de Dani ó ver o segundo cartón amarelo e de Bruno Castro por cartón vermello directo.

O encontro mudaba completamente con un equipo visitante con nove xogadores e vinte minutos por diante.

Pero os locais non foron capaces de aproveitar a superioridade no campo levados por as presas non tomaban as decisións adecuadas abusando da condución, perdendo balóns por imprecisión no pase ou na recepción, tentando entrar polo centro onde había moitos contrarios. 

Inda así dispuxeron de ata cinco claras ocasións. Un disparo de Martín que rexeitou o meta visitante. Outra na que Marcelo e Rolo non chegan a rematar un balón que se paseou por diante da meta rival. Un disparo de Ángel sobre a saída do porteiro que saíu rozando o pau. Un remate diante da porta de Iván que saíu alto e outro do propio Iván que petou no longueiro.

Ó final empate e ocasión perdida por os Numantinos nun mal segundo tempo con moitos erros. E onde os do Val aguantaron con nove xogadores e conservan a súa xeira de resultados positivos lonxe do Sinde.

Perdeuse a oportunidade de tomar vantaxe na clasificación e seguir a estela do Portuarios que comanda agora a táboa con 18 puntos e un partido menos seguido por o Numancia e Narón con 15 puntos. Mentres na cuarta praza o As Pontes con 12 puntos espera o vindeiro sábado ás 16:15 no Poboado a visita dos aresáns nun novo partido na disputa polos primeiros postos da clasificación.

 

Pulsa neste enlace para ver resultados, clasificacións e actas da xornada

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.