Xuvenís: Numancia, 1 - Narón, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica jornada 4ª. Numancia, 1 - Narón, 1. Prados Vellos.

Reparto de puntos

Empate a un tanto entre a ADR Numancia de Ares e o Narón Balompé Piñeiros en encontro da primeira autonómica xuvenil disputado no serán do sábado en Prados Vellos.  O encontro correspondente a cuarta xornada chegou ó descanso con vantaxe local de un a cero.

 

Prados Vellos, Ares a 13 de decembro de 2014.

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, Darío (David), Óscar, Nico, Iván (C) (Rolo), Miguelito (Fran), Carlos (Miguel), Ángel, Martín e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Narón Balompé Piñeiros: Sergio, Alberto Anidos (Barreiro), Arturo (Dani), Gabriel (Richi), Nebril, Alberto Bellón, Yeray, Pablo (Diego), Pájaro, Joan e Marbin.

Adestrador: Joaquín Díaz Fernández

Delegado: Álvaro Dopico Martínez

Árbitro: D. Adrián González Franco amosou cartóns amarelos a Pablo, Pájaro e Dani do Narón.

Goles: Miguelito para o Numancia e Marbin para o Narón

1-0 [1’] Miguelito: Pase dende a banda dereita de Ángel a Carlos quen cede ó borde da área a Miguelito, este eleva o balón por riba do meta visitante inaugurando o marcador cando só iban 35 segundos de xogo.

1-1 [71’] Marbin: Xogada pola esquerda do ataque naronés chegada ata liña de fondo e tras unha indecisión defensiva Marbin anota o empate.

 

Encontro na cume da clasificación coa visita do Narón terceiro clasificado fronte ó Numancia que partía líder nesta cuarta xornada.Numancia de Ares. Xuvenis.

Primeiros minutos fulgurantes dos locais que anotaron na primeira xogada do encontro. A presión ó rival e intensidade dos locais facían que o Narón non conseguira xerar xogo e obrigaba ós visitantes a buscar balóns en longo que case sempre eran neutralizados pola defensa local.

Miguelito dispuxo da ocasión máis clara ó mandar ó longueiro un remate dende o borde da área. O perigo na primeira metade foi sempre do lado numantino con dominio no centro do campo e chegadas á area rival pero que non se concretaron en máis goles.

Pola parte naronesa, moito balón aéreo en xogadas de estratexia pero sen perigo para a porta local.

A segunda metade mudou e a pesar de dispoñer dunha primeira ocasión, os locais foron cedendo o centro do campo fronte o maior empuxe visitante que agora tiñan o control do medio campo e forzaban o erro local para montar contragolpes perigosos.

As entradas por banda dos visitantes eran cada vez máis perigosas e disporían de dúas ocasións claras, unha resolta por Roberto que enviou a saque de esquina e outra onde o dianteiro con toda a porta errou no disparo. Pero no minuto 71 Marbin sería quen de anotar e establecer o empate.

Dende aí ata o final as ocasións alternáronse nos dous bandos que tanto dispoñían de ocasión para adiantarse como na xogada seguinte sufrían unha clara ocasión para que se adiantara o contrario.

O Numancia dispuxo de dos claras ocasión a pes de Ángel pero unha saíu preto do pau e a outra cando xa se cantaba o gol, con o balón entrando pola escuadra, era sacada nunha espectacular parada por Sergio para deixar as táboas no marcador.

En resumo, unha parte para cada equipo e reparto de puntos nun encontro onde calquera puido gañar.

Con este resultado o Numancia queda segundo na táboa e o Narón cuarto dunha liga moi igualada e disputada. O vindeiro fin de semana o Numancia visita o difícil campo do Misael Prieto de Meirás antes do parón de Nadal.

Resultados e clasificacións da xornada neste enlace

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.