Xuvenís: Numancia, 1 - E.F. Ensanche, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Liga Primera Autonómica. Numancia, 1 - E.F. Ensanche, 1. Prados Velles.

Faltou acerto

Empate a un tanto no serán do sábado en Prados Vellos entre o xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares e a E.F. Ensanche de Ferrol. O encontro correspondente á segunda xornada do grupo 4º de primeira autonómica chegou ó descanso con o mesmo resultado que rematou, empate a un tanto.

Prados Vellos, Ares a 29 de novembro de 2014.

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, José Manuel (Darío), Pablo Cartelle (Óscar), Nico (Miguelín), Fran, Iván (C) , Carlos, Miguelito (Ángel), Martín e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

E.F. Ensanche: Paco, Carlos, Jandro, Miguel (Arantón), Julián (C) (Borjita), Manu, Koke (Ángel), Maceira, Borja, Dani e Salceda (Ito)

Adestrador:  José Antonio Rivera López

2º Adestrador: Rubén Rodríguez Fernández

Delegado: Francisco Gómez Costoya

Árbitro:  D. Manuel Jesús Bejarano Estepa, amosou cartóns amarelos a Koke, Julián, Jandro, Manu e Dani pola E.F. Ensanche e a José Manuel, Nico, Miguelito e Darío do Numancia. Tamén amosou cartón vermello ó adestrador local.

Goles: Pablo Cartelle para o Numancia e Koke para a E.F. Ensanche.

1 : 0 [3’] Pablo Cartelle. Recuperación en campo propio de Pablo Cartelle  e condución do propio xogador polo centro lixeiramente escorado á dereita ata entrar na área rival. Batendo ó meta visitante de tiro cruzado.

1 : 1 [27’] Koke. Erro local que remata nun barullo diante da porta aresana, cando parecía resolta a situación un defensa local fai un penalti tan claro como innecesario. Penalti transformado por Koke.

 

 

Saíu moi ben plantado no campo o Numancia  e ós tres minutos xa gañaban grazas a unha xogada de forza de Pablo Cartelle, recuperación, condución e gol.  Xogábase con intensidade e  parecía que o partido podería ser doado para os locais. 

Os contratempos chegaron coa lesión de Pablo Cartelle ós catorce minutos que obriga a realizar o primeiro cambio. Ainda así o conxunto local non perdeu efectividade defensiva e seguía a atacar nun partido que se estaba a poñer duro e trabado. 

Un erro defensivo local nunha mala saída de balón propiciou a única xogada clara de perigo visitante. Balón ó pau, paseo por diante da porta e cando parecía que o perigo estaba resolto falta clara e innecesaria que remata en penalti a favor dos visitantes.

A pena máxima é aproveitada por Koke para anotar o empate co que se chegaría ó descanso, e co que remataría o encontro. 

O Numancia buscou o gol e tivo a oportunidade nun penalti sobre Iván que él mesmo executaría pero que Paco sería quen de  adiviñar o lanzamento e despexar a saque de esquina.

O meta visitante converteuse no principal artífice do empate ó realizar varias paradas de mérito tanto en xogada como a balón parado a tiros de Martín e Carlos respectivamente.

A segunda metade máis do mesmo, ocasión locais e defensa férrea visitante que poñía máis  intensidade no medio campo gañando balóns pero sen xerar perigo. O pouco perigo chegaba a balón parado, en saques de esquina, ou faltas, pero unhas veces a defensa e outras Roberto impedían que os ferroláns sacaran proveito.

Os locais disporían de varias ocasión na segunda metade, pero novamente o porteiro Paco estaría inspirado ó parar un remate de Marcelo e outra falta ben executada por Carlos. 

O final empate nun partido onde os locais pagaron caros un erro defensivo e a falta de puntería. Mentres que o punto para os de Ferrol sóubolles ben grazas sobre todo a boa labor do seu meta.

Con este empate o Numancia perde o liderado en favor do Perlío e queda con catro puntos na segunda praza. A vindeira semana os de Ares visitarán o campo de A Gándara de Pontedeume para medirse ó Eume en encontro correspondente á terceira xornada deste igualado grupo de xuvenís local.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.