Xuvenís: Portuarios 'B', 2 - Numancia, 2
Empate e cuarto posto.
Última xornada da fase de Copa Local no que o conxunto xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares acadou a cuarta praza despois de empatar a dous tantos fronte a S.R.D. Portuarios B. O encontro disputado no serán do sábado no campo de Aneiros en Serantes (Ferrol) chegou ó descanso con vantaxe visitante de un tanto a dous.
Aneiros – Serantes (Ferrol) a 15 de novembro de 2014.
Aliñacións:
S.R.D.Portuarios “B”: Mario, Dani, Carlos (Óscar), Cancio, Davis (C), Diegui, Jorge, Avendaño (Chocano), Babá, Javi (Brito) e Gonzalo (Ponce).
Delegado: Rogelio Salgueiro García
A.D.R. Numancia de Ares: Kike, David, José Manuel (Marcelo), Pablo Cartelle (Emi), Óscar, Martín (Miguelito), Carlos, Miguel, Iván (C), Miguelín e Rolo (Darío)
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Árbitro: D. Francisco García Rodríguez, amosou cartón amarelo a Carlos polo Numancia.
Goles: Carlos(2) para o Numancia e Diegui e Óscar (p.p.) para o Portuarios.
1:0 [17’] Diegui: Falta centrada preto dá área do Numancia executada por Diegui e lixeiramente desviada por un defensa visitante sorprende a Kike.
1:1 [29’] Carlos: Pase diagonal de Iván ás costas da defensa que recolle Carlos e adentándose na área regatea ó meta local e consegue o empate.
1:2 [41’] Carlos: Asistencia de Miguelito dende a esquerda sobre a entrada dende a dereita de Carlos ás costas da defensa local conseguindo cruzar ante a saída do porteiro.
2:2 [68’] Óscar (p.p): Falta lateral que toca de cabeza Óscar desviando ó fondo da rede.
Último encontro da fase de Copa sen nada en xogo para ningún dos dous equipos e baixo unha importante choiva.
Primeiro tempo onde os visitantes saíron sen moita intensidade e foron concedendo ocasións a balón parado ós locais. Así no minuto 17, unha falta centrada preto dá area do Numancia e executada por Diegui e lixeiramente desviada por un defensa visitante descolocando a Kike e permitindo ós locais adiantarse no marcador.
Pouco a pouco os de Ares foron poñendo máis gañas no encontro e pouco a pouco chegaron as ocasións de perigo. Unha xogada por banda esquerda con recepción de Iván e pase en diagonal ás costas da defensa rival, permite a Carlos, quen entra dende a dereita, anotar o empate no minuto 29 despois de regatear ó porteiro local.
Nunha xogada similar ó primeiro tanto aresán, chegaría o segundo no minuto 41. O pase dende a esquerda o pon Miguelito para a entrada de Carlos dende dereita facendo unha diagonal máis marcada que no primeiro gol e cruzando sobre a saída do meta local. Con 1 - 2 chegouse ó descanso.
A segunda metade non foi moito mellor que a primeira e os visitantes seguiron sen aproveitar a posesión do balón, perdéndose en conducións longas que facían difícil o pase e facilitaba a labor defensiva dos locais.
Foise cedendo espazo e dando facilidades en forma de faltas e saques de esquina que facían prever o empate local. Este chegaría no minuto 68 nunha nova falta lateral. O balón colgado á área sen aparente perigo remata en gol en propia porta despois de un erro de entendemento entre Óscar e Kike.
Dende aí ata o final , pouca intensidade en ambos bandos, con moitos erros nos pases, abuso de conducións, pouca claridade no xogo i en definitiva pouco acerto nunha tarde nada agradable para xogar ó fútbol.
Rematada esta primeira fase, o Numancia remata 4º no seu grupo e clasifica para xogar no grupo 4º de Primeira Autonómica e loitará por clasificarse para xogar a fase de ascenso á liga galega xunto con os outros 10 clasificados: As Pontes, Meirás, Eume, Miño e Perlío, rivais neste grupo A da Copa Local e os cinco primeiros do Gurpo B: Portuarios, Narón, Ensanche, O Val ‘B’ e San Sadurniño.
Resultados clasificacións e fichas dos encontros da xornada neste enlace.