Xuvenís. Rápido de Neda, 0 - Numancia, 4

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Copa Local Grupo A. Rápido de NEda, 0 - Numancia, 4. Juan González (Neda.)

Tres puntos moi importantes.

Vitoria do equipo xuvenil da A.D.R. Numancia de Ares por cero tantos a catro, na súa visita ó campo do Rápido de Neda en partido correspondente ó Grupo A da Copa Local. O encontro disputado no serán deste sábado chegou ó descanso con vitoria visitante de cero a dous.

Juan González, Neda, a sábado 25 de outubro de 2014.

Aliñacións.

S.D. Rápido de Neda: Bruno, Isi (C) (Aitor), Eli (Brais), Álvaro, Carda, Mudrik, Castro (Yáñez), Marco, Diego, Asier e Iván.

 

Adestrador: José Luis Dopico Prieto 

Delegado: Óscar Golpe Fernández

 

A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Kike), Emi (Rolo), José Manuel (Óscar), Pablo Cartelle (David), Nico, Fran, Marcelo, Carlos, Miguelito (Miguel), Martín (C) e  Ángel.

 

Adestrador: Alejandro González Domínguez 

Delegado:  José Antonio Couce Iglesias

 

Árbitro:  D. Alejandro Méndez Bouza, amosou cartóns amarelos a: Iván, Marco, Isi, Asier, Brais, Óscar, Mudrik e Álvaro todos eles do Rápido de Neda.

Goles: Ángel (2), Miguelito e Carlos.

0 - 1 [ 8’] Ángel.  Asistencia de Martín desde tres cuartos de campo rival sobre a entrada dende a dereita de Ángel quen entra na área e cruza ante a saída do meta local.

0 - 2 [28’] Miguelito. Imprecisión na cesión dun defensa ó seu porteiro que aproveita Miguelito para anotar.

0 - 3 [63’] Ángel.  Asistencia por banda dereita de Carlos sobre a entrada de Ángel quen eleva o balón ante a saída do porteiro.

0 - 4 [77’] Carlos. Xogada de Ángel pola esquerda con chegada o pico da área pequeña, rexeite e pase a Carlos quen anota entrando dende atrás.

O partido comezou con o Numancia máis enchufado que o equipo local e xogando a favor de vento xerou perigo que pronto confirmou con o tanto inicial ós 8 minutos a pes de Ángel.

O primeiro tempo no era moi bo, porque o balón estaba moito tempo polo aire, con todo o equipo que máis perigo xerou foi o visitante, e soubo aproveitar un despiste defensivo local para anotar o segundo gol Miguelito no minuto 28.  

Rematou a primeira metade con vantaxe de cero a dous onde os locais chegaron un par de veces ven resoltas por Roberto e o Numancia amosou máis perigo pero sen ocasións moi claras.

Na segunda metade os visitantes baixaron o ritmo e permitiron achegamentos do Rápido de Neda que necesitou das boas intervencións de Kike para manter a cero a meta aresana.

Pouco a pouco se xeraban ocasións e no 63’ Ángel a pase de Carlos e no 77’ Carlos a pase de Ángel sentenciaban o encontro.

En resumo partido frouxo por ambos bandos con moitas faltas e interrupción por parte local e sen máis historia que tres puntos para o Numancia  que achega ós aresáns  ás portas da clasificación para xogar na liga polas prazas de ascenso dependendo de si mesmos.

A vindeira semana xornada de descanso para os numantinos que estarán pendentes do que fagan os seus inmediatos seguidores Miño e Galicia de Mugardos. O seguinte encontro será dentro de dúas semanas en Prados Vellos fronte o Miño.

Pulsa sobre este enlace para ver resultados, actas  e clasificación desta xornada no grupo A da Copa Local.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.