Xuvenís: G.Mugardos, 0 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Copa Local. Grupo A. Galicia de Mugardos, 0 - Numancia, 1. A Pedreira

Vitoria sufrida

Vitoira do conxunto xuvenil do Numancia por un a cero sobre o Galicia de Mugardos  na súa visita ó campo de A Pedreira. O encontro correspondente ó grupo A da Copa Local chegou ó descanso con empate a cero no marcador.
 
A Pedreira, Mugardos a 27 de setembro de 2014.
 
Aliñacións
 
Galicia de Mugardos: Alex, Óscar (Xurxo) (Antón), Mario, Javi (Antonio), Pedro, Jorge, Josiño, David (C), Guille, Moi e Dani.
Adestrador: Ángel Aneiros Rodríguez
Auxiliar: Jesús Amado Cortizas
Delegado: Miguel González López
 
Numancia de Ares: Roberto, Emi (David), Rolo (Nico), Pablo Cartelle, Óscar, Martín, Marcelo, Miguel (Carlos), Ángel, Iván (C) e Miguelito (José Manuel).
Adestrador: Alejandro González Domínguez.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
 
Árbitro: D.  Miguel Ángel  Piñón López,  amosou cartón amarelos a David, Guille e Dani, por partida dobre, polo Galicia de Mugardos e a Miguelito, Pablo Cartelle e Ángel do Numancia. Amosou tamén cartón vermello a Óscar por parte dos aresáns.
 
Gol: Ángel para o Numancia.
 
0 – 1 : 86’ .-  Ángel. Balón de Carlos en tres cuartos de campo rival, asiste en longo sobre a entrada de Ángel dende a media lúa. O dianteiro aresán controla, internase e cruza o balón ante a saída do meta local anotando o tanto da vitoria visitante.
 

 
O encontro de rivalidade veciñal da península de Bezoucos, entre os equipos xuvenís de Galicia de Mugardos e Numancia de Ares, disputouse no campo de herba natural de A Pedreira ante un bo número se siareiros de ambos conxuntos.
 
Os locais partían como líderes esta xornada, mentres os aresáns viñan de perder na casa fronte As Pontes, véndose relegados á sexta praza do grupo A da Copa Local.
 
Primeiro tempo con achegamentos iniciais dos locais resolto con algún que outro apuro pola defensa e meta aresán. Pouco a pouco o Numancia foise soltándo e dominou por momentos o encontro creando situacións claras de gol pero que non puido concretar.
 
As máis claras no primeiro tempo foron, para o Galicia nun tiro de Moi que sacou baixo paus Marcelo e para o Numancia unha internada de Ángel quen despois de driblar ó meta local escorouse moito e rematou contra a parte exterior da rede.
 
Primeiro tempo nivelado que rematou con o empate inicial a pesar de contar con ocasións os dous conxuntos. O xogo foi intenso e con moita emoción.
 
Na segunda metade o Numancia saíu máis asentado e ós cinco minutos tería superioridade numérica por expulsión de Dani do Galicia de Mugardos por dobre cartón. As ocasións visitantes chegaron, pero novamente a falta de acerto cara á porta facía temer polo resultado.
 
No minuto trinta de esta segunda metade o Numancia quedaría tamén con dez xogadores por expulsión de Óscar.  O partido entrou nunha fase onde o Numancia seguía traballando ben e xerando perigo con algún que outro susto do Galicia á contra que esixía máxima concentración da defensa visitante.
 
Por fin no minuto corenta e un, un balón de Carlos en tres cuartos de campo rival, sirve para asistir en longo sobre a entrada de Ángel dende a media lúa. O dianteiro aresán controla, intérnase e cruza o balón ante a saída do meta local anotando o tanto da vitoria visitante.
 
Aínda tería Ángel unha nova ocasión para anotar antes do remate do encontro. Pero o seu disparo foise alto.
 
En resumo un encontro con todo o aliciente da rivalidade, emoción, intensidade e sufrida vitoria visitante. Os numantinos fixeron un encontro serio e mereceron saír có triunfo do campo de A Pedreira.
 
A semana que ven visita Prados Vellos o Meirás, outro dos equipos con moitas opcións de estar arriba na táboa.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.