Xuvenís: Numancia, 4 - Cedeira, 1

ADR Numancia de Ares. Copa Juveniles 2014-2015 Primera Jornada. Numancia, 4 - Cedeira, 1. Prados Vellos, Ares. Vitoria para coller confianza

O encontro disputado no serán do sábado en Prados Vellos, entre o Cedeira S.D. e a A.D.R. Numancia de Ares correspondente ó Campionato de Copa Local de Xuvenís no seu grupo A, rematou con vitoria numantina por 4 a 1. Ó descanso chegouse con empate a un tanto no marcador.

Prados Vellos, Ares a 13 de setembro de 2014

Aliñacións.

A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Kike), José M. (David), Rolo, Pablo Cartelle, Nico, Martín, Carlos, Fran (Miguel), Ángel, Miguelito (C) (Miguelín) e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Cedeira S.D.: Canosa, Jiménez, Antón, Lukas (C), Alex Rivera, Alberto (Adrián), Antonio, Antón  Brocos (Raúl), Arturo (Jesús), Iago Pérez (Diego) e Bruno.

Adestrador: José Luis García García

2º Adestrador: Alejandro Montero Cotelo

Delegado: Vicente Amor Pousada.

Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro. Amosou cartón amarelo a Carlos e Ángel polo Numancia, polo Cedeira virono Canosa, Antón Brocos e Bruno, este último por partida dobre, polo que foi expulsado no minuto 44 do primeiro tempo.

Goles: Ángel (2), Carlos e Martín para o Numancia, e  Arturo para o Cedeira.

0 - 1 (16’) .- Arturo: Saque de esquina dende a esquerda da meta local, rexeite de Roberto que cae a pes de Arturo que fusila a meta numantina.

1 - 1 (41’).- Carlos: Recuperación de balón na esquerda do ataque local. Entrada ata a liña de fondo de Marcelo con centro ó segundo pau onde Carlos non perdoa.

2 - 1 (57’).- Ángel: Asistencia por riba da defensa visitante de Carlos sobre a entrada dende a esquerda de Ángel, quen dende dentro da área bate de tiro cruzado o meta visitante.

3-1 (76’).- Ángel: Xogada que nace dende a defensa pola banda esquerda con unha subida de Pablo Cartelle, pase a Fran e asistencia de éste a Ángel que entra en diagonal, o primeiro remate e rexeitado polo meta visitante pero cae a pes de Ángel novamente quen non perdoa no segundo intento.

4-1 (80’).- Martín: Falta dende o pico esquerdo da área do ataque aresán que Martín coloca no primeiro pau por riba da barreira ante o que non pode facer nada o meta cedeirés.

Primeira parte nivelada con poucas ocasión por ambos bandos e xogo moi duro en algúns momentos. A segunda metade o Numancia, con superioridade numérica pola expulsión no remate da primeira metade do xogador do Cedeira, Bruno, foi  quen de conseguir dominar e xerar perigo conseguindo así a vitoria. O mércores visita a Os Pinares de Fene para enfrontarse o Perlío na segunda xornada do Campionato de Copa Local de Xuvenís Grupo A.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.