Xuvenís: Numancia, 4 - Cedeira, 1
Vitoria para coller confianza
O encontro disputado no serán do sábado en Prados Vellos, entre o Cedeira S.D. e a A.D.R. Numancia de Ares correspondente ó Campionato de Copa Local de Xuvenís no seu grupo A, rematou con vitoria numantina por 4 a 1. Ó descanso chegouse con empate a un tanto no marcador.
Prados Vellos, Ares a 13 de setembro de 2014
Aliñacións.
A.D.R. Numancia de Ares: Roberto (Kike), José M. (David), Rolo, Pablo Cartelle, Nico, Martín, Carlos, Fran (Miguel), Ángel, Miguelito (C) (Miguelín) e Marcelo.
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Cedeira S.D.: Canosa, Jiménez, Antón, Lukas (C), Alex Rivera, Alberto (Adrián), Antonio, Antón Brocos (Raúl), Arturo (Jesús), Iago Pérez (Diego) e Bruno.
Adestrador: José Luis García García
2º Adestrador: Alejandro Montero Cotelo
Delegado: Vicente Amor Pousada.
Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro. Amosou cartón amarelo a Carlos e Ángel polo Numancia, polo Cedeira virono Canosa, Antón Brocos e Bruno, este último por partida dobre, polo que foi expulsado no minuto 44 do primeiro tempo.
Goles: Ángel (2), Carlos e Martín para o Numancia, e Arturo para o Cedeira.
0 - 1 (16’) .- Arturo: Saque de esquina dende a esquerda da meta local, rexeite de Roberto que cae a pes de Arturo que fusila a meta numantina.
1 - 1 (41’).- Carlos: Recuperación de balón na esquerda do ataque local. Entrada ata a liña de fondo de Marcelo con centro ó segundo pau onde Carlos non perdoa.
2 - 1 (57’).- Ángel: Asistencia por riba da defensa visitante de Carlos sobre a entrada dende a esquerda de Ángel, quen dende dentro da área bate de tiro cruzado o meta visitante.
3-1 (76’).- Ángel: Xogada que nace dende a defensa pola banda esquerda con unha subida de Pablo Cartelle, pase a Fran e asistencia de éste a Ángel que entra en diagonal, o primeiro remate e rexeitado polo meta visitante pero cae a pes de Ángel novamente quen non perdoa no segundo intento.
4-1 (80’).- Martín: Falta dende o pico esquerdo da área do ataque aresán que Martín coloca no primeiro pau por riba da barreira ante o que non pode facer nada o meta cedeirés.
Primeira parte nivelada con poucas ocasión por ambos bandos e xogo moi duro en algúns momentos. A segunda metade o Numancia, con superioridade numérica pola expulsión no remate da primeira metade do xogador do Cedeira, Bruno, foi quen de conseguir dominar e xerar perigo conseguindo así a vitoria. O mércores visita a Os Pinares de Fene para enfrontarse o Perlío na segunda xornada do Campionato de Copa Local de Xuvenís Grupo A.