XUVENÍS. NUMANCIA CAMPIÓN

 O TROFEO VINOTECA PORTA DO SOL QUEDA EN ARES

O Numancia gañou por 2 goles a 1 ao Betanzos na final do trofeo. O Rayo Sadense superou nos penaltis ao Perlío, conseguindo a terceira posición.

 

 

Ares, 31 de agosto de 2014

 

O III trofeo "Vinoteca Porta do Sol" reuniu a dous equipos de Ferrolterra: Perlío e Numancia, máis dous das Mariñas: Betanzos e Rayo Sadense.III Trofeo Vinoteca Porta do Sol (30/08/2014)

 

NUMANCIA, 5 – RAYO SADENSE, 3

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Roberto, Emi, Rolo, Pablo Cartelle, Oscar, Miguelin, Iván, Fran, Ángel, Martín e Marcelo. Tamén xogaron: David Gil, Kike, José Manuel, Nico, Carlos, Miguel, Alberto e Miguelito.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

RAYO SADENSE: Jorge, Guille, Isma, Manu, Paty, Héctor, Ángel, Dani, Samu, Cristobal e Adrí. Tamén xogaron Sergio e Puchi.

Adestrador: Héctor Martis López.

Delegado: Germán Cruz Bergondo.

ARBITRO: Alejandro Miño Pico.

GOLES:

0 - 1: ADRI, balón en profundidade por banda dereita ás costas da defensa numantina sobre Adri quen pica o balón por encima do porteiro ante a saída deste, (min. 2).

0 - 2: ADRI, xogada similar á do primeiro gol, pero nesta ocasión Adri marca de disparo cruzado raso, (min. 17).

1 - 2: MARCELO, falta colgada por Iván ao segundo pau por onde entra Marcelo para rematar de cabeza ao fondo da rede, (min. 45).

2 - 2: IVAN, disparo afastado de Iván que o porteiro non é capaz de blocar escapándoselle o balón entre as mans, (min 49).

2 - 3: DANI, balón en profundidade pola dereita ás costas da defensa numantina que recolle Dani, encara ao porteiro e báteo por abaixo, (min. 57).

3 - 3: IVAN, xogada pola esquerda de Carlos, pase a Alberto situado no pico do área, éste pon un pase paralelo á frontal para a entrada de Iván quen envía ao fondo da rede de forte disparo, (min. 61).

4 - 3: CARLOS, internada de Marcelo pola dereita, centro á semiluna do área sobre Miguelito e apertura deste á esquerda para Carlos quen se vai dun defensor se interna no área e cruza o seu disparo ao segundo pau, (min. 78).

5 - 3: ALBERTO, disparo de Alberto desde o lateral esquerdo do área que dá nas costas de Guille e sorprende ao porteiro, (min. 80).

COMENTARIO: Nada máis iniciarse o partido xa se adiantou o equipo do Rayo nunha xogada de contraataque, un gol que serviu para que os dous equipos esquecesen esa fase de tanteo inicial, indo uns polo empate e outros polo segundo gol. Controlaba o xogo o Numancia e creaba ocasións de gol, tras boas combinacións, raseando o coiro aínda que con excesivos individualismos. E os visitantes seguían defendendo e buscando en lanzamentos longos aos seus extremos. Do máis que merecido empate a un gol, o marcador sinalou un 0 – 2 que deixou moi tocados aos aresáns. De novo a velocidade por banda dos visitantes superaba o xogo defensivo numantino.

Na segunda metade, os goles que antes parecían imposibles agora foron entrando, sen necesidade de crear ocasións tan claras. Tamén foron entrando no campo a totalidade dos xogadores convocados, dando lugar a un partido diferente, con maior dominio do Numancia aínda que con desaxustes no aspecto defensivo, o que facilitaba os contraataques sadenses.

Vitoria final para os xuvenís locais que amosaron máis acerto ante o gol e derrota dun Rayo Sadense que conta con bos xogadores.

FOTOS DO PARTIDO: NUMANCIA – RAYO SADENSE.

 




BETANZOS, 2 – PERLIO, 0.

FICHA TECNICA

BETANZOS: Cristián, Pablo, Moisés, David, Tain, Migui, Dani, Kewin, Josua, Mejuto e David Seoane. Tamén xogaron: Ponte, Iago, Adrián e Sanmartín.

Adestrador: Jesús García Loureiro.

Delegado: Jesús Manuel García Vázquez.

PERLIO: Aarón, Alex Pico, Miguel, Adri, Cabana, Marcos, Deibe, Migui, Pocho, Elías e Varela. Tamén xogaron: Camilo, Portu e Diego.

Adestrador: Miguel Carballeira.

Delegado: José M. Antón Cruz.

ARBITRO: Miguel Formoso Dáz.

GOLES:

1 - 0: MEJUTO, gran disparo de Mejuto desde as proximidades do círculo central que sorprende ao porteiro do Perlio pola escuadra, (min. 10).

2 - 0: ADRIAN, centro desde a esquerda de Josua e remate de cabeza de Adrián, (min. 50).

COMENTARIO: Presentouse o Perlío en Prados Vellos despois de xogar apenas 14 horas antes outro partido, co conseguinte cansazo dos seus rapaces. E enfronte tiña un rival potente, un dos favoritos das Mariñas para ascender á liga galega. Certamente, os betanceiros controlaron sempre o partido, o balón foi seu, e máis despois do espléndido gol de Mejuto. Parecía que ía conseguir unha vitoria doada pero os feneses deron a cara e pelexaron pola igualada.

Na segunda parte, o segundo gol do Betanzos pechou o partido. Un partido ben disputado entre dous equipos moi ben posicionados no terreo.

FOTOS DO PARTIDO: BETANZOS – PERLIO

 




3º - 4º POSTO: RAYO SADENSE, 3 – PERLÍO, 3 (Pp 4 – 3)

FICHA TECNICA

RAYO SADENSE: Jorge, Guille, Isma, Manu, Paty, Héctor, Ángel, Dani, Samu, Cristobal e Adrí. Tamén xogaron Sergio e Puchi.

Adestrador: Héctor Martis López.

Delegado: Germán Cruz Bergondo.

PERLIO: Aarón, Alex Pico, Camilo, Adri, Cabana, Marcos, Deibe, Migui, Pocho, Elías e Varela. Tamén xogaron: Portu e Diego.

Adestrador: Miguel Carballeira.

Delegado: José M. Antón Cruz.

ARBITRO: Adrián González Franco.

GOLES:

0 - 1: MARCOS, forte disparo de Marcos desde tres cuartos de campo que supera ao porteiro por arriba, (min. 25).

0 - 2: MIGUI, forte disparo de Migui desde tres cuartos de campo que novamente supera ao porteiro por arriba (min. 34).

1 - 2: DANI de penalti (min. 43).

2 - 2: ANGEL, balón en profundidade ás costas da defensa do Perlio que recolle Ángel encara ao porteiro e báteo por abaixo, (min. 45).

2 - 3: ADRI, centro de Héctor desde a dereita ao corazón do área sobre Adri, autopase deste que o deixa só ante o porteiro para marcar de disparo axustado ao primeiro pau, (min. 67).

3 - 3: AARON de penalti (min. 76).

Na tanda de penaltis impuxose o Rayo Sadense por 4 – 3.

COMENTARIO: A calor da tarde e a fatiga dos partidos da mañá insinuaba un partido de trámite. Todo o contrario. Os rapaces ofrecéronnos un bonito espectáculo, con fermosísimos goles e alternativas no marcador. Adiantouse o Perlío con dous potentísimos disparos desde media distancia, e así se chegou ao descanso. Na segunda parte, o Rayo Sadense deulle a volta ao marcador, e púxose por diante. Nos últimos minutos, un Perlío extenuado aínda tivo folgos para conseguir un terceiro tanto que o levou ao lanzamento de penaltis. Fermosísima entrega destes rapaces, uns auténticos campións.

Primeiro empate do cuadrangular e primeiros lanzamentos de penaltis que tamén dan vistosidade. Que será dun trofeo sen unha tanda de penaltis! Bonita emoción e suspense en cada lanzamento. Foi o complemento axeitado para esta terceira edición do Vinoteca Porta do Sol.

Ao finalizar este partido, Antonio Guijarro "Rayito", entregou os trofeos de 3º e 4º clasificados.

FOTOS DO PARTIDO: RAYO SADENSE – PERLIO.

 





FINAL: NUMANCIA, 2 – BETANZOS, 1.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Roberto, Emi, David Gil, Alberto, Oscar, Carlos, Iván Fran, Ángel, Martín e marcelo. Tamén xogaron, Antonio, Pablo Cartelle, Nico, Miguelin, Miguel, Rolo e Miguelito.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

BETANZOS: Iago, Pablo, Moisés, Carneiro, Tain, Migui, Dani, Adrián, Sanmartín, Mejuto e Seoane. Tamén xogaron: Ponte, Cristián, Kewin e Josua.

Adestrador: Jesús García Loureiro.

Delegado: Jesús Manuel García Vázquez.

ARBITRO: Borja Gundín Barreiro. Amosoulle cartón amarelo a Alberto e Nico polo Numancia, polo Betanzos vironno Mejuto e Josua.

GOLES

1 - 0: IVAN, xogada do Numancia que parte de Marcelo en banda esquerda e tres cuartos de campo rival, apertura cara ao centro para Fran, éste prolonga cara ao área para Carlos, quen abre á dereita para Iván, éste se interna no área para marcar de disparo cruzado, (min. 39).

1 - 1: JOSUA, de remata de cabeza á saída dun córner, (min. 63).

2 - 1: ROLO, xogada individual de Óscar pola dereita, alcanza o lateral do área e pon un centro ao punto de penalti para Rolo que remacha ao fondo da rede, (min. 82).

COMENTARIO: Que grande é o fútbol! Hai unha semana, no Carregal brigantino, o resultado final de 8 – 2 favorable ao Betanzos, levounos a pór un titular que dicía: “Outra velocidade”, despois de observar a avultada diferenza entre os dous equipos.

Hoxe, en Prados Vellos, posiblemente, e por unha vez, os nosos rapaces foron fieis ao nome do equipo e realizaron o que se pode dicir “unha épica resistencia numantina”, ante un rival superior en moitas fases do partido. Dito isto, non obviemos que tamén hai calidade nos aresáns, que ofreceron varias xogadas de auténtico luxo, con fintas, pases filtrados, penetracións e combinacións espectaculares.

O Betanzos tiña o dominio do partido, controlaba, entraba polo centro, centraba desde as bandas, lanzaba córners, pero os seus remates non foron certeiros. E o Numancia respondía con boas xogadas de contraataque grazas á velocidade e calidade dos dianteiros. Xa antes do primeiro gol puideron adiantarse no marcador cunha ocasión de Martín que rexeitou fantasticamente o porteiro e outra de Carlos que desviou un defensa. E chegou o golazo de Iván, entrando na área e superando de disparo cruzado ao bo gardameta visitante. Un único gol nesta primeira parte que deixaba aberto o partido.

Os segundos corenta e cinco minutos foron os da resistencia. Un Betanzos con máis fondo acurralou aos aresáns que apenas podían saír da súa área. Houbo que realizar os cambios previstos (por certo, unha discutible interpretación do colexiado impediu a participación de Miguelito e de Antonio), e os obrigados por cansazo ou lesións. Mesmo, cando xa se cambiaran os cinco xogadores permitidos, Óscar tivo que aguantar con problemas nas costas. E nun dos incontables saques de esquina chegou o empate visitante. Todo facía supór que despois deste gol chegarían máis. Só quedaba ter fe e esperanza en poder chegar ao final do partido co empate e encomendarse á sorte dos penaltis. Pero tamén sabemos que os tópicos poden repetirse e así foi: chegou a xogada do “coxo” (esaxerando un pouquiño), superando Óscar pola banda dereita aos seus defensores e entregándolle dentro da área o balón a Rolo para que co seu pé esquerdo fusilase a meta betanceira. Quedaban poucos minutos para o final e había que sufrir. E sufriron, vaia si sufriron porque o Betanzos aínda tivo outras ocasións para empatar. Roberto, a defensa, os medios, os dianteiros, ata os siareiros, todos defendendo con garra, con xenio. Premio final celebrado por todo o alto no Numancia e decepción polo resultado no Betanzos.

Como espectadores, todos agradecidos polo espectáculo visto nun partido “amigable”, de preparación para a temporada pero dunha intensidade grande, con todas as características propias dunha final: disputa, polémica, incertidume, e goles.

Os trofeos para o máximo goleador e mellor xogador foron para Iván (Numancia) e Mejuto (Betanzos) respectivamente, galardóns entregados por Antonio de las Heras, párroco de Ares.

O patrocinador do trofeo, Manolo, propietario do Hostal Villa de Ares, fixo a entrega dos trofeos ao equipo campión e ao 2º clasificado.

Con estes partidos e o comportamento destes xogadores a organización desta terceira edición do Trofeo “Vinoteca Porta do Sol”, dáse máis que satisfeita e agradece a todos os equipos a súa participación, especialmente ao Perlío, que non dubidou en aceptar a última hora a praza dun Galicia de Mugardos tocado polo infortunio un día antes.

FOTOS DO PARTIDO: NUMANCIA – BETANZOS.

 




 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.