Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. BETANZOS, 8 - NUMANCIA, 2
 
 

XUVENÍS. BETANZOS, 8 - NUMANCIA, 2

OUTRA VELOCIDADE
Segundo partido amigable para os xuvenís aresáns e devolución da goleada do primeiro partido. Ao descanso o resultado era de 3 – 1.
 
 
O Carregal, Betanzos, 21 de agosto de 2014
 
Aliñacións:
 
Betanzos C.F.:  Iago, Moisés, Pablo, Carneiro, Javi, Migue, Dani, Kevin Vázquez, Joshua, Adrián e Seoane. Tamén participaron: Diéguez, Cristian, Fraga, Kevin Rilo e Moar.
Adestrador:  Jesús García Loureiro.
2º Adestrador: Manuel Viqueira Tornes
Delegado: Jesús Manuel García Vázquez
 
ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, José Manuel, Pablo Cartelle, David, Miguelín, Carlos, Iván, Ángel, Fran e Marcelo. Tamén participaron: Óscar, Rolo, Miguel e Nico.
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
 
Árbitro: Sr. Barros Vidal.
 
Goles: Seoane (2), Joshua (2), Javi, Kevin Rilo, Carneiro e Moisés para o Betanzos. Ángel e Marcelo para o Numancia.
 
1-0 : Javi (5’):  Saque de esquina dende a esquerda do ataque local e remate no primeiro pau do xogador do Betanzos adiantándose a defensa aresana.
 
2-0 : Joshua (9’): Entrada ata a liña de fondo de Seoane por banda dereita con centro á area visitante que remata Josua de cabeza dende a zona do punto de penalti.
 
2-1 : Marcelo (12’): Condución polo centro de Iván quen asiste sobre a entrada de Marcelo dende a dereita anotando sobre a saída do meta local.
 
3-1 : Seoane (41’): Saque de banda dende a esquerda do ataque local con despiste defensivo visitante que permite que o balón chegue á area pequena onde Seoane anota adiantándose ó seu marcador.
 
4-1 : Kevin Rilo (48’): Xogada por banda dereita con entrada en diagonal de Kevin Rilo que bate de tiro cruzado a Roberto.
 
5-1 : Seoane (53’):  Disparo dende fora da área que Roberto rexeita pero o balón chega ata Seoane que se adianta a defensa visitante e marca sen dar opción ó porteiro.
 
6-1 : Carneiro (55’):  Novo saque de esquina ó segundo pau para que remate de cabeza Carneiro sen moita oposición.
 
7-1 : Joshua (70’):  Condución pola dereita de Joshua que despois de desfacerse de varios contrarios con moita facilidade bate de tiro cruzado ó meta aresán.
 
7-2 : Ángel (72’): Presión do equipo aresán con recuperación en campo contrario na banda dereita de Marcelo quen asiste en longo sobre a entrada de Ángel  quen resolve ante a saída do meta local.
 
8-2 : Moisés (88’): Balón á área dende a dereita que chega a pes de Moisés quen remata con moitas facilidades e anota o resultado definitivo.
 
Comentario:Os primeiros dez minutos foron de dominio claro do Betanzos, de tal maneira que os dous goles conseguidos presaxiaban unha goleada. Non obstante, os nosos rapaces foron nivelando o xogo e mesmo materializaron un magnífico gol con remate final de Marcelo, tras unha extraordinaria xogada de Iván. E puido chegar o empate nun gran remate do propio Iván que se estrelou no traveseiro. Cando finalizaba esta primeira parte o Betanzos anotou o terceiro gol. 
Nada máis comezar os segundos corenta e cinco minutos, o Betanzos foi sumando un tras outro os cinco goles restantes e acumulando outras ocasións de gol erradas. Do Numancia pouco podemos destacar, se acaso, o gol de Ángel e un penalti lanzado por Marcelo que rexeitou o porteiro local.
Coma en todos os partidos de pretemporada, debemos entender que os adestradores buscan minutos para ir probando aos xogadores en distintas posicións, para darlles minutos a todos e para ir collendo unha rodaxe que permita chegar ao primeiro partido de liga co equipo formado. Aínda así, hoxe tivemos moitos minutos con sensacións de impotencia ante un rival máis veterano e con outro dinamismo, potencia e velocidade nas súas accións. Queda marxe de mellora, en moitos aspectos: accións defensivas dentro da área (non se defenderon ben os córners), perdas de balón no centro do campo (excesivas fintas), pechar as bandas, e, diría con máis preocupación: actitude, ser competitivos, amosar xenio para gañar o balón, contundencia. Como positivo hai que sinalar a facilidade para armar xogadas de ataque, creando perigo ante a portería contraria.
Só queda seguir adestrando e a prepararse para o próximo partido que será dentro da 3ª edición do trofeo Vinoteca “Porta do Sol”, onde disputarán a primeira semifinal, o sábado, 30 de agosto, ás 10.15 h. co Rayo Sadense.
 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.