Xuvenís: Ida Semifinal Copa Delegación de Ferrol. Cariño, 1 - Numancia, 0

ADR Numancia de Ares. Ida Semifinal Copa Delegación de Ferrol. CAriño, 1- Numancia, 0. Municipal de Cariño.Toca remontada

O conxunto xuvenil do Numancia de Ares terá que remontar na casa o resultado colleitado na súa visita ó campo Municipal de Cariño na tarde do pasado sábado. O encontro de ida de semifinais rematou con vitoria do Cariño por 1-0. A volta disputarase o vindeiro xoves 12 ás 19:30 en Prados Vellos.

Cariño a 7 de xuño de 2014

Aliñacións:
CD Cariño: David (C), Julen, Diego Pita (Pajón), Rubén, Unai, Rubiños (Villasuso), Bruno, Manuel, Álvaro, Maseda (Antón) e Borja (Cristian).
Adestrador: Argimiro Loureiro Ferro
Delegado: David Cezar Dos Santos
 
SDR Numancia: Xaime, Jesús (Isi), Pepe (C), Alberto, Dario, Martín, Iván (Juan), Marcelo, Borja, Miguelito (Miguel) e Ángel (D. Pérez).
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: Jeisson A. Aguado Castaño. Amosou catóns amarelos a: Manuel, Maseda e Cristián do Cariño e a Jesús, Alberto, Juan e Alex (Adestrador) do Numancia.

Gol: Álvaro. 

1-0: 62' .- Álvaro. Entrada por banda dereita de Cristian que consegue desfacerse do seu marcador e poñer un centro medido á cabeza de Álvaro, que entrando dende atrás remata perfectamente ó fondo da rede.

CD Cariño. Ida Semifinal Copa Delegación de Ferrol. Cariño, 1- Numancia, 0. Municipal de Cariño. (Imágen cedida por CD Cariño)Partido de ida da semifinal de copa local entre o Cariño e o Numancia no Municipal de Cariño. Primeiros dez minutos onde os locais saíron máis intensos con achegamentos á meta visitante ben resoltos por la defensa e porteiro aresán.
Pouco a pouco o encontro foise nivelando con xogo intenso máis directo no bando local e combinatorio nos visitantes pero que tanto nunha meta coma na outra os sistemas defensivos resolveron con máis ou menos atrancos as situacións de gol.
Unha ocasión clara por cada bando: Un remate ó pau de Martín a saída dun córner e un remate fora dun dianteiro local tamén en xogada a balón parado.
Con cero a cero chegouse o descanso. 
Na reanudación, os locais saíron a por todas e xeraron ocasións sobre todo buscando as costas da defensa rival que obrigou os numantinos a multiplicarse en tarefas defensivas.  No minuto 62 unha entrada por banda de Cristian e rematada de cabeza por Álvaro anotando o único gol do encontro. A xogada foi máis mérito do xogo local que erro dos visitantes, xa que tanto Cristian como Álvaro tiveron que executar a xogada case que a perfección para poder superar á defensa visitante e bater a Xaime.
ADR Numancia. Ida Semifinal Copa Delegación de Ferrol. Cariño, 1- Numancia, 0. Municipal de Cariño. (Imágen cedida por CD Cariño)O gol lonxe de afundir ós numantinos fixo que despertaran e subiran o ritmo con xogadas de toque e aperturas ás bandas que pouco a pouco foron  encerrando os locais que amosaban o perigo saíndo con contras baseadas en balóns longos ós puntas.
Con todo ás ocasións máis claras foron visitantes. Unha internada de Marcelo que é derrubado na área pero onde o colexiado non aprecia penalti deixa o balón ós pes de Borja que cruza en exceso o seu disparo. Un remate de Martín que finaliza en gol pero que é anulado por apreciar o colexiado que estaba en situación de fora de xogo. Un remate forzado de Marcelo na área pequena que sae alto. E xa no desconto outro remate de Marcelo dende o pico dereito da área pequena que sae o rentes do pau esquerdo da meta local.
Polos locais, ocasión menos claras pero que obrigaron a Xaime a intervir en catro accións saíndo con forza por alto para despexar o perigo.
En resumo un encontro moi intenso, disputado e con emoción. Calquera puido levarse o partido, mesmo rematar en táboas, pero a boa execución no tanto local permítelles a éstes tomar vantaxe no primeiro asalto da semifinal copeira.
En relación ós nosos, destacar a intensidade, compromiso e gañas de competir dende o primeiro ata o último xogador. Con esta actitude no partido de volta pódese  remontar o resultado e obter o pase á final. 
Así que.. o xoves en Prados Vellos temos que facer todos forza para levar ó Numancia á final do 14 de xuño, os xogadores no campo e a afección dende as bancadas.

Aupa Numan!!! 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.