Xuvenís. Narón, 1 - Numancia, 0

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2013-2014.Narón, 1 - Numancia, 0. O Cadaval. Piñeiros

Competiuse

Derrota do equipo de xuvenís do Numancia por 1 a 0 fronte o Narón na súa visita ó campo do Cadaval na mañá do sábado, en partido correspondente a Liga Local de xuvenís. O descanso chegouse con empate a cero tantos.

O Cadaval – Piñeiros – Narón, 15 de marzo de 2014

Aliñacións
 
Narón: Iván, Vidal (C), Dilan (Carlos), Jandro, Gabri, Joan, Chami, Cris (Diego), Andrés (Turo), Adri Pérez e Brunito (David Rey).
Adestrador: Sergio Portela Morán
Delegado: Miguel A. Feal Piñeiro 

Numancia: Xaime (Roberto), José Manuel, Darío, Jesús, Alberto (Martín), Adrián, Iván, Roque (C) (D. Couce), Ángel (Isaías), Juan e A. Novoa (Miguel).
Adestrador: Alejandro González Domínguez
2º Adestrador: Manuel Antonio Bardanca López
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro. Sen incidencias.

Gol: Chami para o Narón.
 

1-0 (57') Chami: Saque de esquina dende a esquerda do ataque local moi pechado que Xaime rexeita caéndolle o balón a Chami que entraba na área pola dereita do seu ataque e de forte disparo o balón da no longueiro e toca en Xaime introducíndose na meta visitante.

Partido moi competido por ambos equipos resolto nunha xogada onde sorriu a fortuna ó equipo local. 
 
Primeiros 15 minutos de moito tenteo, sen perigo por ningún bando. Primeira aproximación ós 18 minutos, por parte visitante, cun saque de esquina sen perigo. Un minuto máis tarde, réplica dos locais, cunha contra que obriga a Xaime a despexar a “corner”.
 
No minuto 21 falta a favor do Narón que envía a cruceta Adri Pérez. Réplica numantina no 24´ con “córner” a favor que finaliza cunha xogada de Iván internándose na área onde os visitantes reclamaron penalti.
 
No 29 tiro dende tres cuartos de campo de Brunito para o Narón que sae desviado da meta visitante.  Resposta visitante no 31 con pase de Ángel a Iván quen encara ó meta local pero este último  rexeita o balón. A saída de esta xogada os locais montan unha contra que ten que cortar Berto tirándose ós pes de Ándres preto da media lúa. O rexeite xera un centro que os dianteiros locais rematan sen oposición pero moi afastado da meta visitante.
 
No minuto 35 falta a favor dos de Ares onde o balón pasease por diante da meta local sen conseguir tocalo nin atacantes nin defensores, saíndo finalmente pola liña de fondo.
 
No 39 disparo dende a dereita de Juan que sae rozando o longueiro. 
 
No 44 sque de esquina a favor dos locais, dubidas e rexeites na área local que e resolta cun despexe en longo que facilita unha contra do Narón onde Xaime tense que empregar a fondo para despexar o balón i evitar o tanto local.
 
Chegaríase ó descanso con empate a cero ainda que tanto locais coma visitantes puideron inaugurar o marcador.
 
A segunda metade comeza con perigo local, xogada que neutraliza Alberto ós 47 minutos pero que  obriga a este último a ser substituído ó caer lesionado nesta xogada.
 
Lixeiro dominio no xogo dos de Ares nos dez primeiros minutos que rematan no minuto 11 cunha ocasión dobre para o Narón resolta por Xaime cun despexe nun forte disparo e un balón moi bombeado que saca preto da escuadra.
 
No minuto 57 , saque de esquina dende a esquerda do ataque local moi pechado que Xaime rexeita caéndolle o balón a Chami que entraba na área pola dereita do seu ataque e de forte disparo o balón da no longueiro e toca en Xaime introducíndose na meta visitante.
 
No minuto 60 falta favorable ó Numancia que despexa o meta Iván e aproveitan os locais para montar unha nova contra que resolven ben os defensas aresáns.
 
Entrase nunha fase de achegamentos perigosos do Narón con dous disparos resoltos con apuros por Xaime no 68 e no 72.
 
Resposta do Numancia no 74 cun tiro dende lonxe de Adrián sen moitos problemas para o porteiro local.
 
No minuto 82 chegaría a ocasión máis clara para empatar o encontro nos pes de Iván quen plantase diante do meta local pero o seu disparo e rexeitado por este último. O rexeite o recolle o propio Iván e consigue meter o balón entre porteiro e defensa, cando xa se celebraba o gol un defensa local e quen de desviar a traxectoria do balón i envialo a saque de esquina.
 
No 84 o perigo chegaría a pes dos locais que obrigan a  Roberto a empregarse a fondo.
 
O Numancia seguiu competindo ata o remate de encontro onde unha nova lesión, esta vez de Adrián deixa o equipo con dez xogadores no tempo de desconto.
 
En resumo, un encontro moi disputado con ocasións por ambos bandos e que gañou o Narón pero que deixa boas sensacións no conxunto aresán que plantou cara fronte un bo equipo que aspira a estar entre os elixidos ó final de temporada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.