XUVENIS. CEDEIRA, 1 - NUMANCIA, 2.

IMPORTANTE VITORIA PARA COLLER CONFIANZA

Partido correspondente á 19ª xornada da liga local xuvenil disputada nas instalación de O Beco, na fría tarde do pasado sábado, e que rematou con vitoria do Numancia ante o equipo local. Ao descanso o resultado era de 0 - 1.

 

Cedeira 1 de febreiro de 2014

FICHA TECNICA

CEDEIRA: Marcos, Iván (Antonio), Fernando (Gonzalo), Brais, Lukas (C), Antón Broncos (Tomi), Arturo, Antón Lage, Pau (Alex), Miguel e Leo (Alejandro).

Adestrador: David Pérez Iglesias.

Delegado: Francisco Andrés Bellas Rodríguez.

NUMANCIA: Xaime (Roberto), Marcelo, Pepe (C), Alberto, Darío, Adrián (Roque), Iván (Isaías), Pérez (Jesús), Ángel, Martín e Couce (Miguel).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º Adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Francisco J. Piñón López. Amosoulle cartóns amárelos a Brais, Iván e Lukas polo Cedeira, e polo Numancia tamén o viron Martín, Roque e Pepe.

 

 


Fria tarde de sábado en Cedeira que tamén se fixo notar na bancada posto que poucos foron os afeccionados que se animaron a desafiar a climatoloxía. Pode que isto tamén influíse nos contendentes posto que nin Cedeira nin Numancia ofreceron un bo partido en canto ao futbolístico refírese.

No Beco viuse un partido sen control, ningún dos dous equipos marcou o ritmo de xogo, moito balón aéreo, pelotazo e pouco xogo combinativo. Os numantinos optaron polas contras buscando as costas dos defensas, pola contra o Cedeira baseou o seu xogo nas xogadas a balón parado, colgando á área todos os balóns dende calquera parte do campo buscando as segundas xogadas.

Comezaba o partido cun Numancia que trataba de ter a pelota e marcar o ritmo do xogo, pero encontrábase cun Cedeira ben encerrado atrás que abortaba os intentos dos aresanos de penetrar as liñas defensivas locais. Aos dez minutos de partido ven a primeira oportunidade local, libre directo executado por Miguel, o balón bota na área, sorprende a Xaime e Pepe saca baixo os paus. Poucos minutos despois volvía ser de novo Miguel nunha internada por banda dereita en pugna con Darío o que volvía poñer en apuros a Xaime. Os de Ares non se aproximarían con perigo á área local ata o minuto 15 cun libre directo de Couce que se paseaba pola área sen encontrar rematador. Pouco despois era Ángel nunha internada pola dereita quen pasa a Iván no pico contrario da área, éste intérnase cara ao centro buscando ángulo de tiro pero o seu disparo non encontra os tres paus.

No minuto 35 xogada dos mesmos protagonistas, saque de banda sobre Iván quen se vai por velocidade dos seus defensores, alcanza a liña de fondo abrindo o pase cara ao punto de penalti por onde entra Ángel para rematar ao fondo da rede e establecer o 0 - 1. Dous minutos despois do gol os de Ares desaproveitaban duas boas ocasións. Roubo de balón no centro do campo que chega a Iván, conduce en xogada individual por banda ata alcanzar a frontal da área, dispara e rexeita o porteiro. O balón volve a Iván na área pequena, abre para Angel e disparo seco deste que o porteiro envía a córner. Dúas boas paradas do porteiro local abortaban o que podería ter sido o segundo gol dos de Ares. Co resultado de 0 - 1 marcharíamos ao descanso.

A segunda metade pouco máis ofreceu, os dous equipos continuaron co seu mesmo planteamento do xogo, e este segundo acto so viuse animado pola chegada de dous novos goles. Rescatamos del as seguintes xogadas. No 58´ falta que lanza Couce e remata Alberto de cabeza detendo Marcos. No minuto 73, centro lateral de Iván dende a dereita ao punto de penalti, Roque remata de cabeza estrelando o balón no longueiro. O esférico volve a Roque que na segunda oportunidade si acerta entre os tres paus para establecer o 0 - 2. Poucos minutos despois, no 77´, o Cedeira acurtaba distancias, córner moi pechado que executa Miguel, Xaime intenta despexar por enriba do longueiro, pero o balón toca neste prolongándose cara ao segundo pau onde Brais remata de cabeza ao fondo da rede poñendo o 1 – 2 no marcador. A raíz do gol o Cedeira animouse e intentou buscar o empate colgando continuos balóns á área cada vez que tiña a oportunidade, pero os de Ares defendéronse ben e non pasaron moitos apuros, chegándose polo tanto ao final do encontro co resultado coñecido de Cedeira 1 – Numancia 2.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.