Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 2 - R. DE NEDA, 2.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 2 - R. DE NEDA, 2.

O PORTEIRO LOCAL PROTAGONISTA DO PARTIDO.

Partido de liga local xuvenil na súa 18ª xornada, primeiro da segunda volta, celebrado na tarde do sábado en Prados Vellos e que rematou con empate a dous entre Numancia e R. de Neda. Ao descanso o marcador era de 0 - 2.

Antes do comezo do encontro gardouse un respetuoso minuto de silencio en memoria de D. Manuel Candocia; presidente da UD Somozas falecido o pasado fin de  semana.

 


Ares 25 de xaneiro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Xaime, Isaías (José Manuel), Darío, Jesús, Marcelo, Adrián (C), Nóvoa, Miguel (Martín), Iván, Miguelito (Couce) e Pérez (Ángel).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

R. DE NEDA: Víctor (Cristián), Garrote, Brais, Diego, Miguel (C), Mudrik, Raúl, Bouza (Yonathan), Aitor (Freidy), Leira (Alex) e Eli (Asier).

Adestrador: José Luís Dopico Prieto.

Delegado: Benito Alonso Sarabía.

ARBITRO: Francisco Pita Lorenzo. Amoestou a Miguelito e Martín polo Numancia, e Raúl e Eli polo Neda.

GOLES:

0 - 1: Aitor (min 38), balón ás costas da defensa local sobre Aitor que recolle en posición dubidosa, queda só ante Xaime o que regatea para marcar a porta baleira.

0 - 2: Aitor (min. 40), internada por banda esquerda de Aitor quen alcanza a liña de fondo en pugna con Jesús, vaise do defensor aresano, abre o balón en busca de ángulo ante a saída do porteiro local, dispara raso ao primeiro pau e marca.

1 - 2: Ángel (min. 85), xogada de Novoa por banda esquerda con pase ao pico da área sobre Ángel, éste vaise de dous defensas cara ao interior e marca de disparo raso que toca no porteiro pero que non evita que o balón entre na portaría.

2 - 2: Xaime (min. 90), saque de esquina a favor do Numancia que bota D. Couce e remate de cabeza de Xaime ao fondo da rede.

Primeira parte do partido na que o único equipo existente no campo foi o Neda. Os visitantes nada máis comezar o encontro, e antes de cumprirse o primeiro minuto xa daban o primeiro aviso aos numantinos estrelando o balón no longueiro á saída dun córner. Continuaron os nedenses co control do xogo, e no minuto 10, unha falta colgada ao corazón da área é rematada por Mudrik respondendo Xaime cunha sensacional parada, o balón queda na área pero sacao a defensa. O Neda continuaba levando o peso do encontro ante un Numancia que non encontraba a súa posición no terreo de xogo. No 15´, balón ás costas da defensa local que recolle Ledo, pícao ante a saída de Xaime pero o balón vaise fóra. Cinco minutos despois libre directo na frontal da área que executa Raúl e Xaime noutra boa intervención rexeita a córner.

Vinte minutos de partido, os de Ares nun limbo e totalmente superados polo xogo do rival. Pouco a pouco o partido foi entrando nunha fase de centrocampismo, sen control por parte de ningún dos dous equipos. No tramo final do primeiro período, Aitor por dúas veces consecutivas encontraba a meta local e deixaba con vantaxe de dous goles o seu equipo antes do descanso. Se acaso para o Neda un resultado algo curto a teor de como se desenvolveu unha primeira metade na que as intervencións de Xaime impediron aos visitantes irse con máis renda. Como estatística aclaratoria da pésima primeira metade do Numancia, dicir que, chegadas á área "0", disparos entre os paus "0".

A segunda metade foi totalmente diferente, ningún dos dous equipos tivo o control do balón repartíndose o xogo entre ambos os dous con moito centrocampismo. A medida que avanzou o reloxo o cansazo foi patente en ambos os dous equipos e só nos minutos finais a emoción chegou a Prados Vellos.

Rescatamos como xogadas máis importantes desta segunda metade as seguintes: aos cinco minutos da reanudación pase de Nóvoa sobre Martín, éste intérnase na área adiantándo o balón ao que chega en pugna co porteiro visitante que gana a partida tirándose os pes do xogador aresán. No 57´ bonita parede entre Leira e Mudrik con disparo deste ultimo que Xaime rexeita a córner. No 75´ remate de cabeza de Iván á saída dun córner que detén o porteiro visitante.

No minuto 85 chegaría o primeiro gol do Numancia obra de Ángel. Poucos minutos despois Xaime, o porteiro local, protagonizaría dúas xogadas case consecutivas, e cando menos sorprendentes para os presentes, saíndo da área co balón controlado, regateando algún rival e chegando case ao centro do campo deixando a portaría totalmente desatendida. ¿Impotencia ante o mal partido do seu equipo, ansias de gol, ou quizais estaríalles a pedir aos seus compañeiros un último esforzo?, !!!só él o sábe¡¡¡. O que si é certo é que na última xogada do partido, Xaime se converteu no protagonista do encontro, córner a favor do Numancia, o porteiro aresano sobe ao remate e marcar o gol do empate do seu equipo. Gol moi celebrado polos seus compañeiros.

Antes da consecución do gol local, os de Ares dispuxeran de dúas boas oportunidades. No 45´, condución de balón entre Ángel e Iván pola esquerda, alcanzan a área, disparo de Iván que dá no porteiro, o rexeitamento remátao Ángel de cabeza e o balón se estrela no longueiro. E no tempo engadido, antes do córner que deu orixe ao gol do empate, xogada na frontal da área con disparo de Martín que rexeita o porteiro visitante, o balón chega a Iván, dispara, touca nun defensa e córner. Da saída deste córner e
a teor do visto no terreo de xogo viría o gol do inmerecido empate aresán. Son as cousas do fútbol.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.