Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. O VAL "B", 4 - NUMANCIA, 4.
 
 

XUVENIS. O VAL "B", 4 - NUMANCIA, 4.

AS INXUSTIZAS DO FUTBOL.

Brillante partido o realizado polo conxunto xuvenil do Numancia o pasado domingo fronte O Val "B" que se viu truncado nos minutos finais polos problemas físicos dalgúns xogadores, o que evitou que os de Ares se trouxeran os merecidos tres puntos.
 

Sinde (O Val) 19 de xaneiro de 2014.

En cadro, este poida que sexa o adxetivo máis idóneo para calificar a presentación do equipo xuvenil numantino na mañá do pasado domingo no campo de Sinde para enfrontase o Val “B”. Tan só tres cambios, un deles o porteiro suplente, eran os efectivos dispoñibles cos que contaba Alex. As lesións, as enfermidades, e a convocatoria de tres xuvenís co primeiro equipo, impedían que os de Ares puidesen dispoñer de todo o plantel. Tívose que botar man de tres cadetes, dos cales un deles caeuse da convocatoria a misma maña do partido por mor dunha lesión. Pero malia todos estes inconvintes, e o revés de última hora, os de Ares realizaron un gran partido fronte O Val “B”, sobre todo na primeira metade. Partido no que tan só a mala sorte privou o Numancia xuvenil dos tres puntos.

FICHA TECNICA

O VAL “B”: Carlos, Edu, Bruno, Dani (Alejandro), Diego Ameneiros (Iván), Fran Ameneiros (C), Diego García, Samuel García, Champy, Hugo (Fernando) e Samuel Serantes (Aarón).

Adestrador: José F. Grandal Grandal.

Delegado: Francisco J. Ameneiros Lago.

NUMANCIA: Agustín, Darío, Oscar, Jesús, Isaías, Adrián (C) (Gaby), Iván (Xaime), Miguel, Miguelito (Fran), Couce e Pérez.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Rodrigo Serrano Naveiras. Amoestou a Samuel, e expulsou a Aarón por dobre cartón amarelo, ambos os dous de O Val.

 

 



GOLES:

0 - 1: Iván (min. 29), roubo de balón de Couce no círculo central, pase á banda dereita sobre Iván que se vai por velocidade, alcanza o pico da área e disparo seco envía ao fondo da rede.

0 - 2: Miguelito (min. 41), bonita parede no bordo da área entre Iván e Miguelito, este ultimo pica o balón ante a saída do porteiro e marca.

1 - 2: Samuel (min. 46), saque de falta dende o círculo central, o balón bota diante de Agustín quen non acerta a detelo.

1 - 3: Iván (min. 49), falta en tres cuartos de campo rival que saca rápido o Numancia, o balón chega a Iván que se interna polo lateral dereito da área e sen apenas ángulo de tiro marca un sensacional gol que deixou perplexa a toda a bancada.

1 - 4: Iván (min. 63), cesión da defensa ao porteiro local, Iván adiántase ao gardameta roubándolle o balón e internándose ata o pico da área pequena para marcar a porta baleira.

2 - 4: Champy (min. 66), perda de balón dos numantinos no centro do campo co que fai O Val, poñen o balón en profundidade sobre Champy quen recolle en un claro fóra de xogo que o arbritro non pita, encara nun man a man a Agustín picándolle a pelota ante a saída deste.

3 - 4: Edu (min. 77), balón ás costas de defensa pola banda dereita sobre Edu quen encara a Agustín superándoo por abaixo.

4 - 4: Aarón (min. 83), gran gol de Aarón en xogada persoal por banda esquerda onde se vai de Darío, e de disparo en parábola dende o lateral da área supera a Agustín por arriba.

RESUMO

Primeira metade do partido de claro dominio numantino, os de Ares apenas deixaron xogar ao rival exerceron unha forte presión en todas as liñas do campo sobre un Val que trataba de saír dende atrás co balón controlado. Os roubos de balón propiciaron os de Ares levar moito perigo á área rival, onde a falta de puntaría impediría que o Numancia se fose aos vestiarios no descanso con tan só dous goles a favor.

Aos trinta segundos de iniciado o encontro Miguelito erra unha clara ocasión despois de roubarlle a pelota ao porteiro enviando o balón fóra. Os de Ares continuaron tendo o control do xogo, e no minuto 12, era Iván o que cruzaba un disparo lateral que marchaba pegado á base do pau.

No 20´, na primeira chegada valexa á área numantina, Jesús quitaba baixo os paus un balón que quedara morto despois dunha boa parada de Agustín. Sete minutos despois volvía ser Iván o que non acertaba entre os tres paus nun man a man que toca na punta do porteiro valexo e marcha a córner. Non marraría o dianteiro aresán a nova ocasión da que dispuxo apenas dous minutos despois cun disparo cruzado para poñer o 0 - 1.

No 35´, novo roubo de balón de Pérez en tres cuartos de campo local, pono en profundidade para Iván quen alcanza a área, éste pon un pase cara ao punto de penalti para Miguelito quen incomprensiblemente envía por enriba do longueiro. Apenas un minuto despois era Jesús o que o intentaba cun disparo afastado que Carlos detén con algunha dificultade. Ata eses momentos do partido o conxunto de O Val tan só chegara á área visitante en xogadas a balón parado que pouco perigo ocasionaron. En contra, era o Numancia o que tiña o control do xogo e a perigosidade nas suas accións.

No 39´, bonito remate de cabeza de Fran Ameneiros a saque dunha falta, e non menos espectacular a parada de Agustín que envía a córner. Dous minutos despois parede na área local entre Iván e Miguelito quen de vaselina ante a saída do porteiro establece o  0 - 2. Con este resultado que se antollaba algo curto marcharíamos ao descanso.

Nada máis iniciada a segunda metade, O Val acurtaba distancias por medio de Samuel ao lanzamento dunha falta dende o círculo central que bota diante do porteiro aresano e éste non acerta a deter, 1 - 2. Pronto volverían encarrilar o partido os de Ares posto que tres minutos máis tarde Iván sorprendía a todos cun gran gol de disparo lateral sen apenas ángulo de tiro, 1 - 3.

No 50´, oportunidade para O Val cun remate de cabeza de Dani á saída dun córner que se vai pegado ao pau. No 55´, internada pola dereita de Edu con disparo cruzado que Agustín rexeita a córner. Sácase o córner, Agustín faise co balón nunha espectacular parada e saca en longo sobre Fran, quen a pon en longo para a carreira de Iván. O balón chega á defensa local que trata de xogar co porteiro ante a presión numantina, Iván moi atento á cesión adiántase ao gardameta roubándolle o balón para marcar o 1 - 4.

No 66´, marca Champy para O Val despois de recoller un balón en claro fóra de xogo que o árbitro non veu, 2 - 4.

A estas alturas de partido os problemas no conxunto numantino tomaban cariz de preocupación. Miguelito xa fora substituído no 60´ por problemas físicos. Iván afectado dun golpe nas costas tras unha caída pedía o cambiou dende había minutos, producíndose este no 73´, e sendo substituído por Xaime, o porteiro suplente. Para colmo de males Adrián tamén sufría problemas físicos sendo substituído polo debutante Gaby no 82´. A mala sorte cebábase co conxunto aresano o que en apenas vinte minutos deixabaos sen a primeira liña de choque e sen o dianteiro.

De aquí ao final o partido cambiou totalmente. O Val comezou a ter a posesión e a chegar co perigo que apenas mostrara en todo o partido, ante un Numancia que defendeu o resultado con uñas e dentes e que aínda dispuxo dalgunha oportunidade á contra para leválo. Pero como diciamos, a sorte estivo hoxe esquiva cos de Ares, tanto de cara a gol, como coas lesións. Cousas do fútbol.

Nos vinte minutos que restaron de encontro O Val marcou dous novos goles obra de Edu e Aarón. Na posterior celebración do último gol, o seu autor, viu dúas tarxetas amarelas consecutivas e foi expulsado.

Finalmente o partido rematou nun inxusto empate que só deixou contento ao equipo visitante.

Con este partido remata a primeira volta dunha competición na que os de Ares foron bastante irregulares. Logo de 17 xornadas disputadas, o Numancia ocupa o posto 13º da táboa con: 5 partidos gañados, 5 empatados e 7 perdidos. Ben é certo que o equipo tivo moi mala sorte coas lesións nesta primeira volta e iso fíxose notar nalgúns partidos. Confiemos en que na segunda volta, que comeza o próximo fin de semana recibindo os de Ares ao R. de de Neda en Prados Vellos as cousas preséntenselle mellor e fagan un bo papel, porque equipo aí, para iso e máis.

Para finalizar, quero facer mención o debut de Djibril Diagne "Gaby", xogador de orixe senegalesa e que este pasado nadal se incorporaba ás filas do Numancia, disputando os seus primeiros minutos no partido de hoxe. Aproveito tamén para agradecer a importante e destacada actuación dos xogadores cadetes Óscar e Fran convocados no día de hoxe co equipo xuvenil.

E como despedida vou facer miña una frase do noso colaborador Jorge Martínez. ¡¡¡O NUMANCIA SOMOS TOD@S¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.