Xuvenís: Recepción oficial no concello.

Concello de Ares.O Concello de Ares fará unha recepción oficial ao Numancia pola recente consecución da Copa da Ría de Fútbol

Según informa o concello na súa páxina web.

 
 
 
"O Concello de Ares fará unha recepción oficial ao Numancia pola recente consecución da Copa da Ría de Fútbol

21 Maio 2009 12:14

O Clube Numancia será obxecto dunha recepción oficial por parte do Concello de Ares pola recente consecución da Copa da Ría de Fútbol, en categoría xuvenil. O acto, que estará presidido polo alcalde, Julio Iglesias, terá lugar este sábado, día 23, ás 12.30 horas no salón de plenos do Consistorio.
Despois da recepción, á que acudirán os integrantes do equipo e os responsables da directiva, os invitados serán convidados a un ágape, que terá lugar no Casino Aresano.
O equipo xuvenil do Numancia gañou fronte o Galicia de Caranza a Copa da Ría nun partido celebrado o pasado sábado no campo de fútbol de Maniños."

noticia na web do concello de ares

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.