XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - NARON, 1.

IMPORTANTE INXECCIÓN DE MORAL

Con esta importante vitoria fronte ao Narón os de Ares rompen o maleficio dos empates en Prados Vellos.

 


Ares 2 de novembro de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Agustín (Roberto), Marcelo, Darío (José Manuel), Jesús, Alberto, Martín, Pérez (Isaías), Roque (C) (Diego), Iván, Adrián e Ángel (Miguelito).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

NARON: Iván (Mike), Vidal (C), Larry, Gabri, Jandro (Aitor), Diego, Chami, Joan (Bruno), Adri, Andrés (Brunito) e Dilan (Marbin).

Adestrador: Miguel Ángel Feal Piñeiro.

Delegado: Manuel Pita Bellas.

ARBITRO: José Priegue Leis. Amoestou a Alberto, Diego López, Miguelito e Iván no Numancia. Polo Narón tamén viron cartolina amarela Jandro e Diego. Foron expulsados por dobre amoestación Adri e Miguel (adestrador) ambos os dous do Narón.

GOLES:

1 - 0: min. 13, balón de Iván que gaña as costas da defensa local sobre Ángel que o pica por enriba do porteiro.

1 - 1: min. 43, Adri de lanzamento libre directo.

2 - 1: min. 70, balón de Iván ao centro da área que gaña ás costas da defensa, Ángel chega antes que os defensores e pícao ante a saída do porteiro.

3 - 1: min. 72, xogada por banda dereita de Marcelo que alcanza a liña de fondo, caneo cara ao interior e pase atrás para entrada de Martín que marca de disparo raso.

4 - 1: min. 79, roubo de balón dos de Ares que chega a Miguelito quen o eleva ante a saída do porteiro.

5 - 1: min. 80, Alberto de penalti.

 



Partido que comezaba co Narón imprimindo ritmo ao choque, e súas foron as primeiras aproximacións á área. Os de Ares pouco a pouco foron entrando no partido e Roque dá o primeiro aviso aos oito minutos cun disparo que sae desviado. No minuto 13, chegaría o primeiro tanto local, nun momento no que os de Ares estaban a ser algo mellores que o Narón. A raíz do gol os aresanos tomaron claramente as rendas do choque ante un Narón que desapareceu ata mediada a primeira parte. Tiveron os de Ares o segundo gol nun remate de cabeza de Alberto, pero o meta visitante, Iván, respondeu cunha gran parada. Minutos máis tarde tivo o Narón o empate despois dunha falta ao segundo pau que recolle Gabri de costas á portaría, dispara á media volta e Alberto saca en boca de gol. Á media hora de xogo os visitantes realizan o primeiro cambio, e seis minutos máis tarde o segundo, estes dous cambios déronlle aire a un Narón que volveu entrar no partido. A falta de dous minutos para o descanso Adri empata de maxistral lanzamento directo. Sen tempo para máis marchouse ao descanso nunha primeira metade igualada e na que os dous equipos tiveron os seus minutos.

Comezaba a segunda metade de novo co Narón tomando a iniciativa do xogo ante un Numancia ao que lle custaba desembarazarse da presión á que se vían sometidos. Durante os minutos iniciais o Narón chegaba con perigo, sendo a ocasión máis clara a de Chami despois dunha perda de balón ao bordo da área local, pero afortunadamente para os de Ares o disparo cruzado de Chami vaise pegado á cepa do poste.

No minuto 60, chegaría a xogada clave do partido. Adri, do Narón, ve a segunda cartolina amarela e ten que marchar aos vestiarios deixando o seu equipo en inferioridade numérica. Este feito marcou un antes e un despois no partido. A partir de aquí o Numancia fíxose claramente dono e señor do choque. Aínda así, os visitantes non botaron a toalla e continuaron intentándoo. Pero unha e outra vez víanse desbordados por un Numancia en alza, ante un Narón que se foi diluíndo a medida que encaixaba un gol tras outro. Ángel, Martín, Miguelito e Alberto asinarían unha gran e importante vitoria para os de Ares.

Esta vitoria sen lugar a dúbidas chega para os de Ares nun gran momento de cara á próxima xornada. Os numantinos terán que visitar A Pedreira para enfrontarse á o Galicia de Mugardos, actual líder da categoría.

Partido de categoría xuvenil, o vindeiro fin de semana, GALICIA DE MUGARDOS - NUMANCIA (informaremos de data e hora a través da web).

Esperámosvos a tod@s na Pedreira.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.