XUVENIS. Pretemporada MEICENDE, 4 - NUMANCIA, 7.

Numancia de Ares ADR. Xuvenis 2013-2014. Meicende, 4 - Numancia, 7. Luís Suárez (Meicende) 31/08/13.QUEDAMOS COA PRIMEIRA METADE

Na mañá do pasado sábado novo partido lonxe de Prados Vellos do conxunto xuvenil. Nesta ocasión os de Ares volvían a terras coruñesas por segunda vez nestes últimos quince día, concretamente ao concello de Arteixo, para enfrontase ao Meicende no campo municipal Luís Suárez.


Meicende (Arteixo) 31 de agosto de 2013.

ALIÑACIONS

MEICENDE: Alex, Omella, Alex, Carlos, Brahil, Mario, Manu, Gerba, Sergio, Dani e Borja. Tamén xogaron Isma, Carlos, Miguel, Fran, Crespo, John, Adri, Kevien e Selu.

Adestrador: Marcos Rodríguez.

NUMANCIA: Kike, Isaías, David Gil, Jesús, Marcelo, Martín. Pérez, Nóvoa, Iván, Adrián e Miguelito. Tamén xogaron Xaime, Ángel, Couce, Miguel e Óscar.

Adestrador: Alex González.

Delegado: José Antonio Couce.

GOLES: anotaron Kevin (2), Manu e Borja para o Meicende. E para o Numancia Ángel (3), Adrián, Martín, Miguelito e Iván.

Partido que comezaba cun Numancia algo tímido nos primeiros minutos. Foi o conxunto local o que tomou a iniciativa nos primeiros compases do partido chegando con certo perigo á porta numantina. A medida que avanzaba o partido os de Ares foron asentándose no terreo de xogo, pasando pouco a pouco a coller o control do partido, dominando claramente neste primeiro período. Os goles foron caendo un tras outro do lado aresano, Adrián, Martín, Miguelito, Iván e Ángel, éste por partida dobre. O Meicende optou por un fútbol directo e algunhas xogadas por banda esquerda, pero foron os balóns en longo os que máis problemas lle deron aos de Ares. Froito dun deles chegaría o primeiro gol local, obra de Kevin, nos últimos minutos do primeiro período. Co resultado de 1 - 6 marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares foron incapaces de manter a intensidade e o bo xogo amosado no primeiro tempo, e navegaron polo Luís Suárez a mercé do conxunto local durante boa parte deste segundo tempo. Aos de Ares faltoulles intensidade, cometeron moitos erros en todas as zonas do campo, e o Meicende xogou con certa comodidade. Os locais neste segundo tempo chegaron con máis claridade á área numantina, aínda que non lograron acertar entre os tres paus ata o último cuarto, en parte grazas a algunhas boas intervencións de Xaime. Aínda que o cancerbero aresano, no vintecatro de xogo non puido evitar o segundo tanto de Kevin. En canto aos de Ares apenas si lograron pasar do centro do campo na primeira media hora. Os últimos quince minutos de partido non tiveron un claro dominador e convertéronse nun correcalles, neste período chegarían tres novos goles, Ángel, Manu e Borja, o que deixarían o resultado final no coñecido 4 - 7.

En resumo partido irregular dos de Ares aos que parece que lle sobran corenta e cinco minutos. Como reza o titular "quedamos coa primeira metade", a segunda queda para a reflexión.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.