Xuvenís: Numancia de Ares 2 - Galicia de Mugardos 0

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 20089.2009. Juveniles. Numancia 2 - Galicia Mugardos 0. CopaVitoria dos xuvenís no partido de ida.

Prodos Vellos. 25/04/09

Xelo

Alineación: Carlos, Martín, Antón (Coco), Jorgito, Many, Jorge (Díaz), Carlos (Salva), Julio (Rico), Rubén, Pedro (Pablo) e Manu

Goles: Rubén en dúas ocasións

Crónica:

Vitoria por dúas a cero dos xuvenís ante un dignísimo Mugardos que planto cara en todo momento nuns Prados Vellos con moitos afeccionados gozando do partido nunha magnífica tarde para xogar ao fútbol.

Foi o Galicia de Mugardos o que empezou dominando o partido con dúas claras ocasións unha nada máis empezar tiro do dianteiro do Mugardos dentro do área un pouco escorado á dereita e gran intervención de Carlos, uns minutos máis tarde saída da portería de Carlos, escápaselle o balón das mans e é recollido por un xogador do equipo visitante que tira a portería pero o tiro é sacado debaixo dos paus por Antón magnífico na cobertura ao seu porteiro. Numerosos saques de esquina a favor do equipo rival que non foi capaz de materializar. A partir de aí foi o Numancia o que se fixo máis dominador do xogo con ocasións en tiros que se marchan altos de Jorge e Julio e tiro ao larguero de Carlos. Co empate a cero chégase ao descanso. Na reanudación continua a mesma tónica de partido moi disputado pero con máis dominio do Numancia que mediada a segunda parte consegue o un a cero con tiro raso de Rubén que resolve un pequeno barullo dentro do área, un pouco máis adiante xogada individual de Rico que se marcha en condución de dous rivais sendo derribado no área, o árbitro sinala penalty que é lanzado por Carlos pero o porteiro do Mugardos Picas adiviña a intención rexeitando a saque de esquina o lanzamento. Xa en tempo de desconto un saque de esquina lanzado magistralmente por Pablo é aproveitado por Rubén para poñer o dous cero no marcador. Nos poucos minutos que quedaban o Mugardos trato de conseguir algún gol pero con máis intención que acerto.

No Numancia é destacar o bo traballo defensivo realizado por todo o equipo en especial a liña defensiva que toda a tempada leva demostrando un gran nivel e que tamén se pode gozar do fútbol defendendo. Partidazo do capitán Many, importante o reencuentro de Rubén co gol e magnífico Pablo que non se pode facer máis en menos tempo. En xeral partido completísimo de todo o equipo. Polo Galicia de Mugardos destacar a Pedro que foi o que máis o intentou durante todo o partido e a Picas pola parada do penalty.

Felicitar a afeccións e equipos polo magnífico comportamento e emplazaros a todos a que se repita este fin de semana na Pedreira e que como sempre gañe o mellor.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.