Xuvenís. San Sadurniño 2 - Numancia de Ares 0

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Xuveníl. A Piscina - San Sadurniño. San Sadurniño,2 - Numancia 0.Sufrimento pero a semifinais.

18 de Abril de 2009

Xelo

Partido: San Sadurniño 2 - Numancia de Ares 0

Campo: A Piscina (San Sadurniño)

Alineación: Carlos Arnoso, Coco, Antón (Martín), Jorgito (Díaz), Many, Jorge (Pablo), Rico (Rubén), Julio, Carlos (Salva), Pedro e Manu.

Crónica:

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Xuveníl. A Piscina - San Sadurniño. San Sadurniño,2 - Numancia 0.Partido moi disputado e de moitos nervios o xogado o sábado no campo da piscina de San Sadurniño. Campo en excelentes condicións para a práctica do fútbol. Foi o Numancia de Ares o que comezou dominando o partido pero os dianteiros de Ares, Rico e Carlos non estiveron acertados para definir as ocasións. No minuto 25 aproximadamente un balón en longo do San Sadurniño colle adiantada á defensa do Numancia e o seu interior dereito consegue o un a cero. Nesta primeira parte os xogadores do Numancia quizais polo nerviosismo estiveron demasiado pendentes do árbitro no canto de centrarse no partido. Na segunda parte cos xogadores do Numancia xa máis centrados o partido continuo máis ou menos polo mesmo camiño, ocasións de Carlos, Julio, Jorge e Rubén para o Numancia que non conseguen materializar e algunha xogada illada do San Sadurniño cunha saída fose do área de Carlos o porteiro que resolve con contundencia. Nun centro do equipo local o dianteiro en remate froxo de cabeza consegue o 2 a cero. O San Sadurniño seguiu intentando conseguir algún gol máis pero con máis intención que acerto e o Numancia continuo gozando dalgunha ocasión á contra. Finalmente o partido rematou S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Xuveníl. A Piscina - San Sadurniño. San Sadurniño,2 - Numancia 0.con sufrimento e conseguindo unha histórica clasificación para as semifinais da copa. No Numancia de Ares é de destacar o bo partido dos centrais Many e Antón este último exceptuando a xogada na que recibiu tarxeta amarela, a boa segunda parte de Manu a pesar do baixón físico, gran partido tamén de Pedro moi centrado durante todo o partido, aí que ver o que creceu como xogador neste ano, bo partido de Jorge que pese a haber estado doente esta semana foi un perigo constante pola súa banda, gran traballo de Carlos e Rico na presión, bos minutos os xogados por Rubén, Díaz e Martín no momento difícil de partido no que saíron e sobre todo sobresaliente partido de Julio o máis centrado de todos os xogadores do Numancia durante todo o partido. En resumo unha victoria non só dos xuvenís senón de todo o club do Numancia en xeral, dos adestradores de cadetes por formar a un porteiro excelente como Carlos que foi un baluarte fundamental nesta copa, dos adestradores de modestos por contar con Julio sempre que puideron porque isto axudoulle a coller o nivel físico que lle falta, verdade Juliño creo que é a primeira vez que xogas un partido comigo e andas tantos quilómetros e non acabas con “calambres”. Polo San Sadurniño enorme partido do seu porteiro que estivo moi seguro durante todo o partido, gran traballo dos seus homes de medio campo e moi bos detalles pese á súa mocidade do interior dereito que ata que foi substituído era o home que levaba máis perigo.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Xuveníl. A Piscina - San Sadurniño. San Sadurniño,2 - Numancia 0.A partir de agora quedan 3 finais para conseguir o título de copa empezando o sábado coa eliminatoria a dobre partido co sempiterno rival Galicia de Mugardos que o destino a querido que esta tempada non nos cruzásemos nada con eles ata este momento. Este sábado Prados Vellos ten que ser unha caldeira animando aos xuvenís para lograr un bo resultado. Xuntos poderemos.


Aupa Numancia


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.