XUVENÍS. NUMANCIA, 3 – GALICIA CARANZA “B”, 0

Vitoria importante dos xuvenís que volven a depender de si mesmos

Sábado, 28 de marzo de 2009

Xelo

ALINEACIÓN: Carlos, Martín, Antón, Jorgito (Salva), Many, Jorge (Coco), Rico (Pedro), Julio, Carlos (Díaz), Rubén (Pablo)

ÁRBITRO: Boa actuación e firme desde o primeiro momento, para que non se lle fora o partido das mans.

GOL: Julio (2) e Jorge.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1008-2009. Categoría Juvenil. Numancia - Galicia de Caranza B.COMENTARIO :  Partido interesante e de moita tensión o vivido en Prados Vellos. O Numancia, ao que só lle valía a vitoria, saiu con moita intensidade ante un rival que a pesar de presentar só once xogadores deu a cara en todo momento, sen perder o seu estilo, que é o fútbol elaborado e control do balón. Nerviosismo na zaga numantina que permitiu un un contra un contra Carlos e varios tiros cercanos que, por sorte para o equipo local, marcharon fóra ou encontraron ao porteiro ben colocado. Nesta primeira parte un poste e o traveseiro para o Numancia en dous saques de esquina. Co cero a cero ímonos ao descanso e ao contrario doutras ocasións, o Numancia realizou unha mellor segunda parte, na que o Galicia de Caranza desapareceu do campo, quizás polo cansazo que fixo mella nos seus xogadores. No minuto dez deste segundo tempo, un balón que toca atrás Julio a Manu, con cambio de orientación deste á banda contraria e control e finalización de Jorge coa súa perna “mala”, ao poste contrario do porteiro do Caranza, un gran gol. Posteriormente chegarían outros dous goles máis, en sendos contraataques do Numancia que culminou Julio. Mesmo puido chegar algún gol máis pero os dianteiros locais non estiveron moi acertados. Partido completo de todo o equipo, traballo incansable dos puntas Rico e Carlos, o primeiro ata que as maniotas non lle permitiron correr máis e o segundo sen sorte cara o gol. Bon traballo tamén dos homes de banda, Julio e Jorge goleadores e correndo todo o partido; traballo escuro pero importantísimo dos mediocentros Rubén e Manu, donos do xogo aéreo e ben na elaboración do caudal ofensivo. Bon traballo dos laterais Martín e Jorgito, o primeiro que cando perda o medo a querer o balón vai ser unha baza importante e o segundo, aguantando tres semanas cun xeonllo tocado, está realizando unha gran temporada, ata se permitiu o luxo de dobrar pola banda ata pouco antes de ser substituído. E bo traballo dos centrais Antón e Many, que cando están ben, forman unha das mellores parellas de centrais da liga xuvenil. Mérito especial para Many, que xogou con placas na gorxa e que ademais, nada máis comezar levou un doloroso golpe no ombro que tivo que soportar durante os noventa minutos.

Hai que loubar a actitude do Galicia de Caranza, equipo limpo e deportivo, que nunca renuncia ao fútbol de toque, xogue quen xogue e vaia o resultado como vaia. Con esta vitoria, o Numancia colócase con doce puntos, emparellado con Caranza pero estes cun partido menos e co golaveraxe favorable. A xornada seguinte os xuvenís descansan á espera da última xornada onde fagan o que fagan os rivais nesta xornada, hai un dato claro: se o Numancia gaña en San Sadurniño estará nas semifinais da Copa. Desde aquí pido o desprazamento do maior número de afeccionados para apoiar ao equipo nese partido a disputar despois de Semana Santa.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1008-2009. Categoría Juvenil. Numancia - Galicia de Caranza B.
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 1008-2009. Categoría Juvenil. Numancia - Galicia de Caranza B.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.