XUVENIS. GALICIA DE MUGARDOS, 2 - NUMANCIA, 7.
IMPRESIONANTE REMONTADA DOS DE ARES NA PEDREIRA
O partido de rivalidade deste pasado fin de semana entre o Galicia de Mugardos e o Numancia saldouse cunha goleada dos de Ares.
A Pedreira 5 de maio de 2012.
ALIÑACIONS:
GALICIA DE MUGARDOS: Adrián (Rubén), Juan, Alexis, Adan, Fabio, Álvaro, Borja (Joel), Joaquín, Remus (Daniel ), Pita e Oliveira.
NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Víctor (Miguelito), Pepe (Dario), Amenedo, Juan (Dani Cartelle), Borja, Juanra (Jhony), Brayan, Iván e Dani Cagide (Roque).
Na primeira parte, o Galicia de Mugardos, saíu dominando o partido e creando ocasións. Nunha delas, e motivado por una falta de entendemento entre Pepe e Xaime ocasiona o primeiro gol en propia porta. O Galicia seguiu tendo ocasións, pero unhas veces motivado pola falta de acerto dos dianteiros e outras pola gran actuación de Xaime, que xornada tras xornada demostra que é un futuro para o Numancia, as accións no subiron o marcador. O primeiro tempo rematou con 1 – 0 a favor dos locais.
Aos dous minutos de comezar o segundo tempo, Borja xogador mugardés empalma un tiro desde fóra da área, ante o que nada pode facer o gardaredes aresán, que se cola pola escuadra da portería, o que supuxo o 2 – 0 para os locais. Isto espabilou o Numancia que da man de Iván e Juanra empezaron a fabricar un bo fútbol. O Galicia de Mugardos sufriu en defensa e non puido con Brayan, que batiu o porteiro tres veces, un gol en propia porta, outro golazo de Iván de falta, un de Jhony e outro de Juanra rematarían unha remontada con goleada final dos de Ares.
Noraboa ao equipo que foi medrando co transcurso dos minutos e collendo máis forza con cada cambio que se facía. Isto é moi importante.
Dende aquí aproveitamos para desexarlle sorte ao Galicia de Mugardos na fase de ascenso a liga galega.