XUVENIS. R. DE NEDA, 1 - NUMANCIA, 10.
PARTIDO DOADO CON POUCA OPOSICIÓN.
Goleada ante un Neda que a raíz de encaixar o primeiro gol decaeu e se viu desbordado polos de Ares.
Neda 14 de abril de 2012.
ALIÑACIONS:
R. DE NEDA: Víctor, Diego, Jorge, Ledo, Jairo, Alex Silven (Rubén 69´), David (Ricardo 69´), Miguel, Borja, Alex Franco (Mario 69´) e Pablo (Dani 46´).
NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Pepe, Amenedo (Andrés Saavedra 69´), Adrián Ramos, Jhony, Ricardo (Adrián Rodríguez 60´), Borja, Brayan, Juanra (David 62´) e Dario.
COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico. Amoestou a David e expulsou por dobre amoestación a Dani, ambos os dous do Neda.
GOLES:
R. de Neda: Mario.
Numancia: Brayan (5), Borja (2), Jhony (2) e Ricardo.
0 – 1: (min. 21), centro de Álvaro que toca de espora Brayan.
0 – 2: (min. 37), balón que chega a Brayan na frontal da área, se leva a un defensa e marca de disparo cruzado.
0 – 3: (min. 42), Ricardo de cabeza á saída dun córner.
0 – 4: (min. 44), balón ás costas da defensa local que controla Borja, encara o gardameta e o supera de vaselina ante a saída deste.
0 – 5: (min. 57), falta lateral que pon Borja no corazón da área, Brayan entra dende atrás e peina o fondo da rede.
0 – 6: (min. 65), mesmo protagonistas e mesma xogada que a do gol anterior.
0 – 7: (min. 68), disparo de Brayan dende fóra da área que toca nun defensa e despista a Víctor.
0 – 8: (min. 74), penalti sobre Jhony que él mesmo se encarga de transforma.
0 – 9: (min. 77), saque de banda de Borja sobre Brayan, quen en xogada individual se interna na área, alcanza a liña de fondo, pase cara atrás sobre Borja que marca de disparo cruzado.
0 – 10: (min. 79), pase de Darío ao punto de penalti sobre Jhony que só ante o porteiro o bate por abaixo.
1 – 10: (min. 89), Mario ao rematar de cabeza un balón no segundo pau na saída dun córner.
Partido moi lento durante os primeiros vinte minutos de xogo con apenas aproximacións ás áreas, dando a impresión de que ningún dos dous equipos quería asumir o control do encontro. Sería a partir do primeiro gol, no minuto vinte de xogo, cando o Numancia tomaría a iniciativa, pasando a controlar e dominar o xogo. A raíz do primeiro tanto os de Ares viñéronse arriba, ante un Neda que foi indo a menos, comezando a sucederse as ocasións para os visitantes. Ao final da primeira metade chegaríase cun parcial de 0 – 4 a favor dos de Ares.
A segunda metade pouco ten que contar, cun Neda desaparecido do terreo de xogo, os de Ares con pouco esforzo e con xogo ordenado dominaron a pracer. Os goles foron caendo un detrás doutro, ata a media ducia, para chegar ao resultado final de 1 – 10.
O próximo sábado en Prados Vellos, gran partido de xuvenís, os de Ares reciben o líder da categoría, o Galicia de Caranza "B" de Xelo, ex adestrador do equipo numantino nas pasadas tempadas, e aos que os de Ares lle complicaron bastante as cousas no partido de ida. Na seguinte xornada os de Ares visitarán Sinde, para enfrontarse a O Val, segundo clasificado. Sen dúbida, con este calendario, os de Ares poden converterse en xuíces deste campionato de liga.
Esperámosvos a tod@s o próximo sábado en Prados Vellos.