XUVENIS. NUMANCIA, 2 - CARIÑO, 5.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2011-2012. Numancia 2 - Cariño 5. Prados Vellos 17/03/12EN AUGAS REVOLTAS, GANANCIA DE PESCADORES.
A pouca cabeza dos aresáns permitiu que o Cariño se levase os tres puntos de Prados Vellos.

 



Ares 17 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Víctor, Amenedo (Pepe 48´), Juan (Jhony 36´), Adrián, Cartelle (Roque 60´), Juanra (Ricardo 67´), Brayan, Iván e Cagide (Juanfran 65´).

CARIÑO: Marcos, Kevin, Cristián, Adrián Bustabad, Aitor, Dani, Jose (Carlos 53´), Adrian Taracido, Adrian Ramil, Edu (Brais 65´) e Yago.

COLEXIADO: Daniel Barrera Lourido. Amoestou a Xaime, Víctor, Juan e Ricardo, e expulsou a Iván e Víctor polo Numancia.

GOLES:
NUMANCIA: Juanra e Brayan.
CARIÑO: Yago, Carlos, Edu e Adrian Ramil (2).

Penoso partido o que nos ofreceron Numancia e Cariño este pasado sábado en Prados Vellos. O caso é que chegaron pescadores de alta mar ás tranquilas augas aresás, lanzaron as suas poteras e aos cinco minutos de xogo cazaron o primeiro choco. Quedaron no campo dez cefalópodos máis, contra once hábiles pescadores. De aquí ao final da pesqueira, unha caza de bruxas que non vou perder o tempo en resumir. O caso é que ao final, uns se foron de rositas cos tres puntos na súa cesta de pesca, e os outros por CHOCOS non se tintaron de negro, senón de amarelo e vermello, nun partido que se tivesen tido máis cabeza, e como quedou demostrado no primeiros corenta e cinco minutos, terían gañado sen ningún problema.

Pero bueno, as cousas foron como foron e non hai marcha atrás. Por iso, non vou nin a recriminar, nin a defender, nin a uns que a mataron á chita calando, nin outros que entraron á potera como chocos e botaron o partido a perder. Pero rapaces, se isto é o que vós entendedes por fútbol, non é por nada, pero dedicadevos a outra cousa.

Tamén quero agradecer os afeccionados, pero non os afeccionados habituais, a eses, que se baten o cobre co equipo semana tras semana en todos os campos e en todos os escenarios. Non me refiro a éstes. Refírome aos outros, ao non habituais, a eses que só en determinados partidos se deixan ver por Prados Vellos. A estes é aos que lles quero agradecer, pero non agradecemento da gratitude, senón que lles agradecería que quedasen nas súas casas, ou onde lles apeteza. Porque cando o monte esta ardendo, o que se necesita son bombeiros e apaga-lumes, non pirómanos que boten máis leña para avivar as lapas.

E por ultimo as fotos. Unha magoa o dás fotos. Noventa minutos de traballo a pé de campo, igual que o voso rapaces. Noventa minutos que vós tirastes pola borda. Noventa minutos que eu enviei á papeleira de reciclaxe, porque sinceramente, non vos fixestes merecedores delas.

Que teñades unha boa semana e espero que unha vez que se vos apague o lume recapacitedes sobre a vosa actitude no partido.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.